Empresas
A presidenta de Acisa, Carmen Cruzado, indicou que “nestes días a nosa entidade informou ás nosas asociadas e asociados sobre as posibles aperturas dos seus negocios os días 6 e 8 de decembro, xa que por lei está permitida nas dúas xornadas. Tras as consultas realizadas entre os comerciantes asociados, podemos informar que en Ribadeo poderanse encontrar case todas as tendas abertas o venres 8. No caso do mércores 6 as aperturas serán moito menores, pero tamén haberá comercios abertos”.
Cruzado Iglesias anima “á veciñanza da comarca e aos visitantes a desfrutar de Ribadeo, porque esta vila conta cunha amplísima variedade de tendas e aquí sempre van atopar o que precisan. Calquera dia e bo para visitarnos, porque a hostalaría sempre está aberta para tomar algo, comer ou cear, pero ademais nesta ponte o venres é un día fantástico para vir...
leer másAcisa ven de presentar a XIII Festa do Comercio. A campaña desenvolverase do 1 de decembro de 2023 ao 13 de xaneiro de 2024. Nesta edición repartiranse 6.000 euros en premios.
A presidenta de Acisa, Carmen Cruzado, dixo que “hoxe presentamos a campaña da XIII Festa do Comercio, que se desenvolverá desde este venres, 1 de decembro, ao 13 de xaneiro. Ese día será o sorteo presencial na carpa situada este ano na Avenida Rosalía de Castro no que repartiremos 6.000 euros en premios, a cifra máis alta que destina a asociación á nosa campaña anual máis importante. Todas aquelas persoas que fagan as súas compras no comercio asociado a Acisa Ribadeo recibirán as papeletas para participar no sorteo. En total póñense en circulación 170.000 rifas, que son 20.000 máis que na pasada edición”.
O xerente da asociación, Jesús...
leer másO Centro Comercial Histórico de Viveiro aposta unha vez máis por impulsar as compras e o ocio na sua cidade. Pon en marcha dende o este xoves 23 ata o sábado 25 de Novembro a campaña “Black Friday, Os mellores Descontos Mercando no comercio Local”, un fin de semana de compras ofrecendo fantásticos descontos en miles de artigos.
Serán 43 negocios facendo super descontos e promocións, participan tanto comercios como servizos, hai dende tendas de roupa, calzado, complementos, deportes, moda de nenos, lencerías, mercerías, ópticas, moblerías, xoierías, xogueterías, telefonía, cerámica, salóns de peiteado, tratamentos de beleza e servizos de masaxes. Un amplo abanico de negocios e sectores que fan que esta campaña sexa moi atractiva para mercar no comercio local.
Unha oportunidade de vir a Viveiro a mercar, dando un...
leer másCorenta e seis establecementos comerciais asociados a Acisa Ribadeo ofrecerán interesantes promocións e descontos durante o Black Friday do 24 ao 26 de novembro.
A presidenta de Acisa, Carmen Cruzado, comentou que “durante tres días a veciñanza de Ribadeo e as persoas que se acheguen á nosa vila poderán atopar importantes descontos en moitos sectores: informática, telefonía, decoración, moda home, moda muller, moda infantil, calzado, mercerías e lencerías, tallas grandes, xoiaría, bebés, complementos, ópticas, parafarmacia, perruquería ou agasallos, entre outros. Como facemos sempre queremos aproveitar para recordar a importancia que ten mercar en Ribadeo, onde atoparemos un trato próximo e personalizado e onde podemos ver e tocar os produtos. No comercio de Ribadeo sempre haberá unha cara amable á que poder acudir”.
... leer másAcisa presenta as súas novas bolsas. Trátase dun paquete de mais de 21.000 unidades, que están dispoñibles gratuitamente para o comercio asociado.
O xerente de Acisa, Jesús Pérez, dixo que “como adoitamos a facer polo Nadal este ano tamén entregamos de forma totalmente gratuíta materiais aos nosos asociados e asociadas. Primeiro fixémolo coa hostalería e agora tócalle ao comercio. Nesta ocasión fixemos un esforzo extra, dedicando preto de 10.000 euros para a adquisición destes materias, algo que puidemos facer co cofinanciamento da Xunta de Galicia. Con esta inversión puidemos editar mais de 21.000 unidades destas novas bolsas comerciais”.
E engadiu: “deste xeito respondemos ás necesidades dos nosos asociados e asociados, que diariamente no comercio veñen utilizando as bolsas que dende Acisa lles proporcionamos de...
leer másO Presidente da Deputación de Lugo, José Tomé Roca, presentou este martes no Pazo de San Marcos xunto co presidente da Federación Galega de Comercio, José María Seijas, a campañaMellor Comercio da túa vila, financiada practicamente na súa totalidade pola institución provincial cunha achega de 50.000€ para promocionar o sector comercial de proximidade da provincia e incentivar as vendas na recta final do ano. A iniciativa inclúe premios para os propios negocios participantes, por un total de 8.500€, e para os clientes, en bonos de compra que suman 15.000€.
José Tomé destacou na presentación, na que participou tamén o Deputado de Promoción Económica e Social, PabloRivera, que esta nova colaboración responde ao “compromiso prioritario” da Deputación“de apoiar proxectos que dinamicen a economía e o emprego da man do tecido asociativo vinculado...
leer másO Centro Comercial Histórico de Viveiro aposta unha vez máis por impulsar as compras e o ocio na súa cidade. Pon en marcha dende hoxe, 2 de outubro, e o sábado día 4 a campaña Shopping Weekend, 3 xornadas de compras ofrecendo fantásticos descontos en miles de artigos. Unha oportunidade para pasar a fin de semana facendo compras nos 45 comercios participantes na campaña e desfrutar de descontos do 20% en miles de artigos.
Participan locais de moda de home, muller e nenos, calzado, complementos, artigos de deporte, lencería, xoias, mobles, decoración, agasallos, artigos para o fogar, alimentación, iluminación, óptica, telefonía, estancos e salóns de peiteado.
Estes locais estarán identificados cos distintivos da campaña, banderolas de color fucsia de 2,60 metros de altura colocadas nas entradas dos comercios,...
leer másMercar no comercio de Lourenzá dende este xoves, 19 de outubro, e ata o 26 de
outubro ten premio. En concreto 1.000 euros repartidos en tarxetas prepago de 300 e
de 50 euros para seguir mercando no comercio da localidade.
A Federación de Comercio de Lugo, a Federación Galega de Comercio e a
Consellería de Economía, Industria e Innovación – Dirección Xeral de Comercio e
Consumo da Xunta de Galicia, coa colaboración neste caso da Asociación de
Comerciantes, Industriais e Autónomos de Lourenzá (ACIAL Lourenzá), poñen en
marcha a campaña de dinamización “Mercar no teu comercio ten premio”.
Así, todos os clientes de Lourenzá que realicen compras por importe mínimo de
10 euros no comercio asociado de proximidade entre o 19 e o 26 de outubro, poden
participar no sorteo en...
Acisa Ribadeo y Kids&Us organizan el 28 de octubre una nueva actividad infantil denominada Trick or treat por locales asociados al colectivo empresarial.
El gerente de Acisa, Jesús Pérez, explica que “la actividad busca entretener y divertir a los más peques de la casa con la tradición anglosajona del famoso truco o trato, con motivo de la celebración de Samaín o Halloween. La propuesta, que se realizará en inglés, está dirigida tanto a alumnos como a no alumnos de la academia de entre 3 y 9 años, y tendrá lugar el día 28 de octubre por la mañana. Aquellas niñas y niños que quieran participar deberán inscribirse en https://forms.office.com/e/RSfTHq3jWa. Desde Acisa Ribadeo nos gusta poder crear este tipo de actividades, que divierten y entretienen a los peques de la casa, y que además...
leer másTrinta e cinco negocios asociados a Acisa Ribadeo colaboran do 16 ao 22 de outubro coa recollida anual de donativos da AECC con motivo do día internacional da loita contra o cancro de mama.
A presidente de Acisa, Carmen Cruzado, explicou que “un ano máis Acisa Ribadeo colaborará coa Asociación Española de Loita contra o Cancro. Desde o 16 ao 22 de outubro un total de 35 negocios asociados contarán con huchas para a recollida de donativos destinados a este colectivo. Esta campaña desenvólvese coincidindo co día internacional da loita contra o cancro de mama, que ten lugar o xoves, 19 de outubro, xornada na que as asociacións fan fincapé na importancia da investigación, da ciencia, da prevención e da saúde. Precísanse recursos para estudar, investigar e previr esta enfermidade así como para tratar e acompañar ás mulleres que a sofren, por...
leer más