Deportes
Hoxe venres, ás 13:30 horas, tivo lugar a presentación da II Edición do Xove Costa Trail 2021, na que estivo presente o alcalde de Xove, Demetrio Salgueiro Rapa, a concelleira de Deportes, Cristina Iglesias Guerreiro, e os organizadores do Xove Costa Trail 2021.
Dito evento levarase a cabo os días 21 de Agosto con Andaina e Carreiras para Nen@s e o domingo día 22 de Agosto onde se farán as dúas carreiras Trail, de 25 Km e 15 Km. A maior parte dos circuitos, tanto de Andaina como de Trails, son pola Senda Costeira de Xove. Os caminantes da Andaina sairán da Praia de Esteiro con chegada á Praia de Morás, con un percorrido de 15 Km. As carreiras para os nen@s, serán no entorno do Cabo Morás, con chegada á Meta na Praia de Morás. Os mais maiores correrán uns 1.500 m. e os máis pequenos uns 700 m.
Os corredores de 25K...
leer másDo 14 ao 22 de agosto terá lugar o XXIII Torneo de Tenis Vila de Foz.
Presentaron esta nova edición: Ramón Cajoto e Xosé Veiga, do Foz Club de Tenis, e a concelleira de Xuventude e Deportes, Gema Méndez.
Xa quedan poucas prazas por cubrir no cadro, posto que este torneo é xa un clásico do verán mariñano. Haberá participantes da casa, da comarca e tamén visitantes, que auguran uns partidos moi atractivos.
Para inscribirse chamar ao 619 60 44 95
Con máis ganas ca nunca. Por fin volve a Escola Laranxa para reunir a ilusión das pequenas Xoias en 7 categorías, entre Biberón e Xuvenil. Xa podes reservar a túa praza para o curso 2021-22 doadamente a través da seguinte ligazón: https://burelafs.org/gl/o-club/inscricion-base/
Categorías
-Biberón mixto (2016/17)
-Prebenxamín mixto(2014/15)
-Benxamín mixto (2012/13)
-Alevín masculino (2010/11)
-Alevín feminino (2010/11)
-Infantil masculino (2008/09)
-Infantil feminino (2008/09)
-Cadete masculino (2006/07)
-Cadete feminino (2006/07)
-Xuvenil masculino (2003/04/05)
Matrícula
O importe de cada categoría dividirase en catro cotas (trimestrais). No caso...
leer másO estadio municipal de A Veiga, de San Ciprián, acollerá este xoves, día 12 de agosto, a cuarta edición do torneo Maruxaina de fútbol. Será un triangular, que disputarán o CD Castro, o CD Foz e o Viveiro CF.
Empezará ás 18:30 horas co enfrontamento entre o Viveiro e o Foz. Ás 19:30 xogarán o Castro e o Viveiro. E o terceiro partido será ás 20:30 horas entre o Foz e o Castro.
Este evento deportivo está organizado polo CD San Ciprián coa colaboración do Concello de Cervo.
A asociación Os Sendeiros de Foz organiza outro dos andareiros de verán, este sábado, 14 de agosto, pola Ruta dos Nazarenos na localidade focega.
A saída será, ás 9:00 horas, diante do Concello.
As persoas interesadas en participar poden anotarse antes do venres 13 de agosto, nos teléfonos 606 718 482 e 670 369 017 ou no e-mail ossendeiros@yahoo.es. Os prezos serán de 3 euros para os socios non federados e 4€ para os socios temporais. A actividade é gratuíta para os socios federados.
A organización recomenda levar equipo de sendeirismo e informa que a ruta ten un nivel de dificultade baixo e unha lonxitude de 13´5 quilómetros. Ademais seguiranse os protocolos anticovid non compartindo material e levando mascarilla sempre que non se teña a...
leer másNuevo calendario y nuevo reto. El Pescados Rubén Burela FS, defendiendo los tronos irmandiños, tiene como objetivo la llegada a Marín, sede de las finales de Copa Galicia el 17 de mayo.
Con un total de 12 equipos participantes, las Guerreiras Laranxas serán las primeras en estrenarse. Entrarán en cuartos de la decimoquinta edición de la cita, frente al vencedor de Viaxes Amarelle FSF-5 Coruña FS; la fecha estimada será el 11 de septiembre.
El cuadro de Alberto Riquer también accederá a la trigésima edición de la competición en cuartos, pero no será hasta el 9 de febrero, en un calendario con 33 equipos en juego.
El estadio municipal de Cantarrana, en Viveiro, acoge este sábado, 7 de agosto, a las 18:30 horas un partido amistoso de fútbol que enfrentará al CD Lugo con el Sporting de Gijón.
La organización explica que en este evento deportivo “habrá aforo limitado y distanciamiento de 1,5 metros. Es obligatorio el uso de mascarilla y permanecer sentado. Habrá control de temperatura y dispensador de gel hidroalcohólico en la entrada y está prohibido fumar”.
Las entradas se venden anticipadamente en Óscar Joyeros (horario comercial) y en el estadio de Cantarrana (de 12:00 a 13:00 y de 18:00 a 21:00 horas). También se pueden reservar a través del correo electrónico viveirocf2015@gmail.com.
O Concello de Cervo vén de dixitalizar o proceso de reservas das dúas pistas de pádel municipais situadas no complexo da Veiga.
Así, deste este luns, as persoas interesadas xa poden acceder ao espazo de reservas de Espazos Deportivos https://reservas.concellodecervo.com/, crear o seu usuario, e seleccionar o día e a franxa horaria que mellor se adapte ás súas circunstancias. Unha vez realizado o pago da pista recibirán un correo eléctrónico que acredita dita reserva.
Unha vez realizado o trámite, as chaves da instalación estarán a disposición das persoas usuarias na piscina municipal en horario de 10:30 a 13:30 horas, de luns a venres; e de 10:30 a 13:30 horas, os sábados (durante o verán). Un horario que se amplía no inverno sendo de 9:00 a 15:00 horas e de 16...
leer másO próximo martes, 3 de Agosto, o Concello de Xove xunto co C.C.Komando Xoviético organiza, dentro das actividades de verán, unha ruta nocturna en bicicleta. Ademais haberá montado na praza do Concello o novo pump track desmontable con estruturas de madeira.
As inscricións poden realizarse na OMIX de Xove ata o día 3 a mediodía.
A partir de 8 anos (si algún pai/nai quere levar un neno/nena de menor idade que o consulte coa organización).
É obrigatorio levar casco e algún tipo de alumeado, para o pump track recoméndase o uso de proteccións. Todo isto estará suxeito ás normas establecidas para o covid19.
O CD Lugo e o Coruxo FC disputan o XXXII Trofeo Vila de Foz o 4 de agosto no estadio Martínez Otero.
O CD Lugo e o Coruxo FC disputarán a XXXII edición do torneo estival de fútbol Vila de Foz no estadio Martínez Otero o día 4 de agosto, mércores, ás 19:30 horas. Este evento deportivo, que está organizado polo CD Foz coa colaboración do Concello focense, foi presentado hoxe.
O presidente do Club Deportivo Foz, José María García Rivera, manifestou: “para min é unha honra presentar o XXXII Trofeo Vila de Foz porque o ano pasado non puidemos facelo pola pandemia, pero agora, grazas a Deus, imos ver se somos capaces de ver o próximo mércores ese interesantísimo partido entre o Club Deportivo Lugo e o Coruxo Club de Fútbol. Quero darlle as grazas ao presidente do Lugo, Tino Saqués, e ao Coruxo por estar aquí en Foz para disputar este torneo. Agradecer tamén os trofeos feitos por Cerámica Regal, que son marabillosos, moi bonitos e que falan...
leer más