Deportes
Desde este luns 13 e ata o día 23 de setembro está aberto o prazo de inscrición para participar este curso nas actividades deportivas para adultos organizadas polo Concello de Alfoz: aeróbic, ioga, ximnasia de mantemento e baile.
As inscricións deben presentarse na Oficina de Rexistro do Concello, tendo en conta a orde de entrega para acceder ás prazas dispoñibles en cada modalidade deportiva. Os interesados en máis información poden chamar ao teléfono 982.558.001 (extensión 2).
As Guerreiras Laranxas estrearán a emoción sobre o parqué este sábado fronte ao Viaxes Amarelle FSF, en cuartos de XV Copa Galicia (18.00 horas). O pavillón polideportivo Sagrada Familia abrirá a cita cun minuto de silencio polo falecemento do presidente e alma máter do equipo anfitrión, Severino Amarelle.
O encontro poderá seguirse en directo a través da canle de Youtube do conxunto herculino.
Neste primeiro termómetro da tempada, o Pescados Rubén Burela, na defensa do trono irmandiño, buscará a clasificación para semifinais. No caso de saír triunfal medirase ao gañador de Mosteiro Bembrive-Ourense Envialia (marcado para a mesma hora ca o duelo laranxa), coa ida prevista o 22 de decembro.
O Amarelle, que este ano volverá contar coa cesión burelista de Cris Lourés nas súas filas, chega...
leer másO alcalde de Mondoñedo, Manuel Angel Otero, o xefe provincial de deportes da Xunta de Galicia, Manolo Otero, e o concelleiro de Deportes, Manuel Tapia, presentaron unha nova edición da Carreira Mondoñedo Monumental, que se celebrará o 25 de setembro e que terá unha oferta deportiva para todas as idades e niveis.
Serán 5 competicións ao longo da tarde desde as 17:15 horas:
• 17:15 200m Cativos mixto (nados en 2014 e posteriores)
• 17:20 800m Sub10 mixto (nados en 2012 e 2013)
• 17:30 1600m Sub12 mixto (2010 e 2011)
• 17:40 2400m Sub14 y Sub16 mixto (2006 a 2009)
• Absoluta 5km (2005 e anteriores)
As persoas interesadas en participar dispoñen de toda a información en
www.ccnorte.com e na web oficial...
Trinta e seis equipos de 8 comunidades autónomas españolas e outros procedentes de Portugal se darán cita en Ribadeo os días 11 e 12 de setembro para disputar o XV Torneo Internacional de Veteranos. O evento está organizado pola Asociación de Veteranos do Ribadeo FC e conta coa colaboración do Concello e de Acisa. Os partidos vanse disputar en campos de Ribadeo, Lourenzá e Barreiros, en Galicia; e en Navia, Coaña e La Caridad, en Asturias. O Torneo presentouse este mediodía no salón de plenos.
O alcalde, Fernando Suárez, dixo que “desde o Concello quero expresar a ilusión que nos produce volver a ter un torneo de veteranos, de maiores de 35, que neste ano é a 15ª edición dado que, desgraciadamente, o anterior por mor da pandemia houbo que suspendelo, non se puido facer. E agora, no 2021, xa saíndo desta terrible situación na que estivemos...
leer másMuras será saída e meta da terceira etapa da XIX Volta a Galicia, que se disputará o vindeiro 18 de setembro cun percorrido de 150 quilómetros polas estradas da Mariña e a Terra Chá.
O deputado de Deportes, Efrén Castro, e o alcalde de Muras, Manuel Requeijo, acompañados por representantes da Federación Galega de Ciclismo, visitaron este xoves un dos puntos máis elevados da ruta, o Alto da Amosa, a escasos dez quilómetros da meta da etapa, “a máis longa e esixente da Volta”, segundo explicou o director da proba, Jacobo Ucha.
Os ciclistas sairán desde Muras cara ao Alto da Gañidoira, pasando despois polos concellos do Valadouro, Alfoz e Mondoñedo, para volver cara a Muras por Abadín e Vilalba.
O deputado de Deportes, Efrén Castro, destacou as condicións que ofrece a zona para “que se...
leer másO Concello de Cervo reabriu o vaso a piscina olímpica municipal este luns, 6 de setembro.
Avanzou David Rodríguez, o edil de deportes, que desde o día de onte están dispoñibles o vaso e o ximnasio público, dos que as persoas usuarias poderán facer uso “sempre a través de reserva vía telefónica a través do 982594512”; para poder ter un control exhaustivo do aforo, que será limitado.
O horario da piscina será de luns a venres en horario de 09:00H a 15:00H e de 16:00H a 22:00H; e os sábados de 09:00H a 13:30H e de 17:30H a 20:30H.
O concelleiro avanzou tamén que “nos vindeiros días daranse a coñecer os diferentes cursos que se impartirán na piscina na temporada 2021-2022 cos seus respectivos horarios”.
O responsable de deportes apuntou que “durante este tempo no que nos vimos...
leer másO deputado de Deportes, Efrén Castro, presentou esta tarde en Viveiro a terceira edición do Rally da Mariña, que se disputará do 10 ao 12 de setembro nos concellos de Muras, Ourol, Cervo, Xove, Viveiro e O Vicedo.
A carreira, que conta cunha achega de 24.000 euros por parte da Vicepresidencia da Deputación, constará de cinco treitos cronometrados. A carreira arrancará o venres coas primeiras pasadas dos dous primeiros treitos, en Muras e entre o Viveiró (Muras) e Xerdiz (Ourol). A competición retomarase o sábado pola maña, coa segunda pasada dos dous primeiros treitos, e continuará ao longo da xornada cos treitos do Vicedo, a triple pasada, Cervo (saída diante da fábrica de Sargadelos) e Xove (saída a carón da Praza do Concello), a dobre pasada. En total, os pilotos percorrerán 124 quilómetros cronometrados polas estradas da comarca. O...
leer másO venres 10 de setembro ás 20:00 horas no Salón de Actos da Casa da Cultura de Alfoz terá lugar a reunión informativa para todos os interesados/as en participar este curso nas actividades deportivas para adultos: ioga, aeróbic, ximnasia de mantemento e baile, que se impartirán desde principios de outubro ata finais de maio.
Estas actividades están parcialmente subvencionadas a través do Plan Único da Deputación Provincial (Área de Deportes).
O Concello de Cervo vén de dixitalizar o proceso de reservas das dúas pistas de pádel municipais situadas no complexo deportivo da Veiga.
Así, as persoas interesadas xa poden acceder ao espazo de reservas de Espazos Deportivos https://reservas.concellodecervo.com/, crear o seu usuario, e seleccionar o día e a franxa horaria que mellor se adapte ás súas circunstancias. Unha vez realizado o pago da pista recibirán un correo eléctrónico que acredita dita reserva.
Unha vez realizado o trámite, as chaves da instalación estarán a disposición das persoas usuarias na piscina municipal en horario de 10:30 a 13:30 horas, de luns a venres; e de 10:30 a 13:30 horas, os sábados (durante o verán). Un horario que se amplía no inverno sendo de 9:00 a 15:00...
leer másA terceira edición do Rallye Mariña Lucense celebrarase os días 10, 11 e 12 deste mes de setembro. Será a cuarta proba do Campionato Galego de Rallyes de Aslfato 2021.
A súa base estará no municipio de Viveiro e transcorrerá tamén polos concellos de Muras, Ourol, O Vicedo, Xove e Cervo.
Constará de 5 treitos diferentes con 124,02 quilómetros cronometrados e 377,08 quilómetros en total