O 5 de marzo haberá xogos cooperativos para nenas e nenos de 6 a 16 anos no pavillón Monte Castelo de Burela. A inscrición é gratuíta.

Este domingo día 5 en Burela a Universidade de Santiago de Compostela organiza, en colaboración co Pescados Rubén Burela FS, un ciclo de actividades para nenos e nenas de 6 a 16 anos, "Xogos cooperativos: cohesión grupal e traballo en equipo". Estas actividades forman parte do PLAN CORRESPONSABLES da USC, financiado pola Xunta de Galicia a través da Vicepresidencia Segunda e Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes e a Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade.

Diferentes dinámicas grupais de carácter lúdico destinadas ao traballo sobre os valores do deporte, integración social, igualdade de xénero, etc. Traballaranse aspectos como a comunicación e cohesión grupal, importancia de roles, cooperación, esforzo, etc. co obxectivo de que os rapaces e rapazas sexan conscientes da importancia destes aspectos no ámbito deportivo en xeral. A actividade constará dunha breve introducción teórica e unha parte práctica na que se manifestarán os contidos adquiridos na teoría.

A actividade será dirixida por un psicólogo especialista no deporte e varios educadores físicos con ampla experiencia en deportes colectivos. 

As xornadas terán unha duración dunha hora e cuarto e realizaranse en distintas localizacións de A Mariña.

INSCRIPCIÓN: A INSCRIPCIÓN É GRATUÍTA. Realizarase exclusivamente a través da web "CORRESPONSABLES" da USC por parte do/a pai/nai/titor/titora ou persoa responsable. 
https://corresponsables.usc.gal/corresponsables/publica/actividad/amplia...

IMPORTANTE: Inscrición regulada por franxas de idade e limitada a un máximo de 50 inscritos por grupo.

Terán prioridade de inscripción as familias monoparentais, vítimas de violencia de xénero e outras formas de violencia contra a muller, mulleres en situación de desemprego de longa duración, mulleres maiores de 45 anos ou unidades familiares nas que existan cargas relacionadas con coidados. Tamén a comunidade universitaria da USC.