Deportes

12/05/2016
San Cibrao e Burela acollerán unha fase da V Copa Deputación de Fútbol Base, que disputarán os días 28 e 29 de maio os equipos das categorías xuvenil e infantil.
 
O Vicepresidente da Deputación, o nacionalista Antonio Veiga, xunto cos concelleiros de Burela Ramiro Fernández Rey e Mario Pillado Mon, e o presidente e directiva da AFD Porto de Burela, presentaron no Estadio Municipal de A Marosa (Burela) a V Copa Deputación de Fútbol base. Esta nova edición terá unha sede na Mariña, outra en Monterroso e outra en Antas de Ulla.
 
A V Copa de Futbol Base desputarase os vindeiros días 28 e 29 de maio nas localidades mariñás de San Cibrao e de Burela. Na sede da Mariña formarán parte as equipas pertencentes as categorías xuvenil e infantil. Os días 4 e 5 será o turno das sedes da Comarca da Ulloa, na de Monterroso competirán as equipas de categoría cadete e prebenxamín, e no concello de Antas de...
leer más
Etiquetas:
11/05/2016
O XI Torneo Internacional Vila de RIbadeo de fútbol veterano reunirá a 42 equipos na localidade os días 14 e 15 de maio.
 
A décimo primeira edición do torneo internacional Vila de Ribadeo de fútbol veterano, que se celebrará este fin de semana, sábado e domingo, contará con 42 equipos. Entre os participantes hai clubs de Alxeria, Inglaterra, Bélxica, Portugal e de varias comunidades autónomas españolas. Foi presentado hoxe na Casa do Concello ribadense nun acto que contou coa presenza do alcalde, Fernando Suárez; do concelleiro de Deportes, David Rivas; do presidente de Acisa Ribadeo, David Martínez, e de tres directivos da Asociación Deportiva Veteranos Ribadeo FC:  Víctor Pérez Quintana, Juan Antonio Rodríguez Peceux e Antonio López Piñeirúa.
 
O edil de Deportes cualificou este evento como “un dos acontecementos deportivos da primavera ribadense,...
leer más
Etiquetas:
09/05/2016
Este mércores, 11 de maio, ábrese a inscrición para participar nas Escolas Deportivas de Verán 2016 do Concello de Ribadeo.
 
Este mércores, día 11, a Concellaría de Deportes abre a inscrición para asistir ás Escolas Deportivas de Verán 2016. Ofertaranse un total de 105 prazas nas modalidades de pesca deportiva, vela, surf, piragüismo e remo.
 
O concelleiro de Deportes, David Rivas, anunciou que “este mércores, 11 de maio, abrimos o prazo de inscrición para as Escolas Deportivas Municipais de Verán. Estas Escolas, como ven sendo habitual nestes últimos anos, complementan ás inverno e céntranse basicamente en deportes náuticos”.
 
O edil nacionalista detallou que “temos pesca deportiva, piragüismo, remo, surf e vela. Obviamente tamén facemos isto cunha clara intencionalidade de...
leer más
Etiquetas:
08/05/2016
O grupo de sendeirismo da ACD Xove desprazarase o 15 de maio ata a comarca do Deza. Alí visitarán a Fervenza do Toxa, a máis alta de Galicia.
 
O Grupo de Sendeirismo da ACD Xove desprazarase a comarca do Deza o vindeiro 15 de maio. O grupo visitará o Mosteiro de Carboeiro do século X, monumento de estilo románico-gótico, onde comeza a senda natural polo río Deza ata chegar á Fervenza do Toxa. Esta fervenza é a máis alta de Galicia con cerca de setenta metros de altura. A distancia da ruta é de 14 quilómetros e dificultade baixa.
 
O prezo para os socios federados é de 12 euros, 14 euros seguro incluído, 15 euros para os non socios federados e 17 euros para os non socios co seguro incluído. Pode obterse máis información e formalizar as inscricións na piscina municipal de Xove, no correo sendeirismoxove@gmail.com ou no teléfono...
leer más
Etiquetas:
06/05/2016
O campo de fútbol municipal Pepe Barrera, de Ribadeo, acollerá o XXI Campus da Fundación Celta para nenos e nenas de 4 a 16 anos. Será do 27 de xuño ao 1 de xullo.
 
Como consecuencia do acordo asinado entre a SD Ribadeo e a Fundación Celta, esta entidade de Vigo organiza a XXI edición dun campus de fútbol para nenos e nenas de 4 a 16 anos, que se celebrará no campo municipal Pepe Barrera do 27 de xuño ao 1 de xullo.
 
Na presentación do evento, que tivo lugar esta tarde na Casa do Concello ribadense, o responsable de Convenios, Escuelas y Campus da Fundación Celta, Diego García Sarabia, manifestou: “gracias al Concello y a la SD Ribadeo por seguir haciendo actividades y acciones en común y aprovecho la ocasión para agradecerles a los representantes de la SD todo el año que llevan trabajado con nosotros y las facilidades que nos dan para realizar esta labor con ellos. Una de estas acciones es el...
leer más
03/05/2016
Novos horizontes para o Memorial de Fútbol Sala Base de Imdecum. No seu quinto aniversario chamarase Torneo Heroes do Orzán e disputarase na Coruña e na Mariña do 29 de xuño ao 3 de xullo.
 
A Fundación Imdecum (Impulso ao Deporte, Cultura e Turismo na Mariña) presentou esta mañá en Burela a quinta edición do Torneo de Fútbol Sala Base da Fundación Imdecum, que en 2016 amplía horizontes, con nova sede na Coruña, e estrea nomenclatura, como Torneo Heroes do Orzán, “Memorial Rodrigo Maseda Lozano, Javier López López e José Antonio Villamor Vázquez” (29 de xuño-3 de xullo) en lembranza tamén dos outros dous policías que faleceron xunto a Rodrigo nos traballos de rescate na praia herculina en 2012.
 
O salón de plenos do consistorio acolleu o acto, no que o presidente da fundación, Marcelino Luna, e o alcalde de Burela, Alfredo Llano, estiveron acompañados polo concelleiro de Deportes local, Ramiro Fernández, e os seus...
leer más
02/05/2016
A praia do Torno, de San Ciprián, acollerá unha xornada de paddle surf dirixida a moz@s a partir de 12 anos este venres, día 6. Está organizada pola delegación municipal de Xuventude.
 
A praia do Torno, de San Ciprián, acollerá unha xornada dedicada ao paddle surf este venres, día 6, a partir das 17:30 horas. Esta actividade, dirixida a mozos e mozas a partir de 12 anos de idade, está organizada pola Delegación Municipal de Xuventude, que dirixe a concelleira Dolores García Caramés, quen explicou que os interesados en participar deben inscribirse previamente.
 
Poden apuntarse na Casa do Mar, de San Ciprián, chamando ao teléfono 691.65.66.00 ou a través de dinamizacion@concellodecervo.com 
 
A actividade será impartida por Limosa Surf...
leer más
Etiquetas:
18/04/2016
En Cervo a Delegación Municipal de Xuventude organiza unha xornada de skate e outra de surf. Os interesados en participar deben inscribirse antes do 21 de abril.
 
A Delegación Municipal de Xuventude do Concello de Cervo, que dirixe a concelleira Dolores García Caramés, organiza unha xornada dedicada ao skate e outra ao surf. Os interesados en participar nestas dúas actividades deben inscribirse antes deste xoves, día 21.
 
A xornada dedicada ao skate será este venres 22 pola tarde e está dirixida a alumnos e alumnas de 4º, 5º e 6 º de Primaria e rapaces a partir de 12 anos. E a de surf será este sábado 23 pola mañá para rapaces con idades a partir de 12 anos.
 
Os interesados en participar poden inscribirse na Casa do Mar, de San Ciprián, no teléfono 691.65.66.00 ou a través do correo electrónico dinamizació...
leer más
Etiquetas:
16/04/2016
A IV Carreira Popular das Praias celebrarase en Barreiros o vindeiro 8 de maio. As inscricións xa están abertas.
 
O Vicepresidente da Deputación, o nacionalista Antonio Veiga, acompañado dos organizadores da proba, José Carlos Díaz, Xoel Díaz Agustín Pérez, Xesús Seivane e Iván Labrada, participaron na presentación da IV Carreira Popular das Praias, a proba parte da iniciativa de diversos grupos de entidades de Barreiros como son Peña Barcelonista San Miguel, Hotel Ría do Masma, Café Bar Moderno, Casa Elena Turismo Rural, Actiboot, Valea Taxi e Pinturas Centeno.
 
A Carreira das Praias do 2016 celebrarase o vindeiro 8 de maio e contará con saída en Punta Anguieira a partir das 11 horas da mañá, que será o momento no que tomen a saída ós participantes das categorías infantís, posteriormente, as 11:45 tomarán a saída os participantes da categoría...
leer más
Etiquetas:
16/04/2016
Pensamento e Sementeira abre as camiñadas polas Terras de Viveiro coa rota dos Muíños do Fontecova. Será o vindeiro 24 de abril.
 
O colectivo Pensamento e Sementeira abre o 24 de abril o programa “Camiñadas polas Terras de Viveiro” coa rota dos muíños do Fontecova.
 
A xornada dará comezo ás 10 da mañá na explanada de Verxeis. As persoas participantes farán o primeiro tramo do paseo fluvial do río Landro. A primeira parada será no muíño das Aceas para deseguido continuar até o Convento de Valdeflores. A rota dos muíños seguindo o regato Fontecova chegará até a capela da Sarna. A volta será por Fontecova até a Ruanova, en Magazos, onde os camiñantes repoñerán forzas cuns petiscos.
 
Para participar nesta actividade, que terá un percorrido aproximado de 9 quilómetros, hai que se...
leer más