Deportes
A asociación Sendeiros de Foz organiza unha ruta de irmanamento co grupo Rebollín de Salas que discorrerá por Somiedo en Asturias, o sábado 20 de maio.
A saída será ás 7:00 horas do Concello e o prazo para anotarse remata o día 17.
Os prezos para os socios federados é de 30 euros, 34€ para os socios non federados e 40 euros para os non socios. O ingreso debe facerse en conta bancaria.
É obrigatorio anotarse e pode facerse nos números de teléfono 676 561 594 e 670 369 017, ou no e-mail ossendeiros@yahoo.es
Os organizadores recomendan levar equipo de sendeirismo e informan que a dificultade da ruta é media.
Este é o andareiro 122 que organiza Os sendeiros de Foz que conta coa colaboración do...
leer másO concelleiro de Deportes, Ramiro Fernández Rey, asistiu esta mañá en Vigo á presentación da carreira de atletismo Desafío 15K Series, que patrocina o Banco Mediolanum, e que chegará á Mariña o 29 de outubro. Esa será a xornada na que os asistentes realicen o percorrido comprendido entre Burela e Foz.
O Desafío 15K Series dará comezo o 21 de maio en Ourense, seguirá o 11 de xuño en Arousa Norte, o 1 de outubro os participantes farán o percorrido denominado Atlántico, o 29 de outubro será a quenda para A Mariña e rematará nunha data por concretar en Vigo.
Fernández Rey subliñou que “seguimos a apostar por este tipo de probas polo que supoñen para o deporte, pero tamén para a promoción turística de Burela. Haberá un grande ambiente eses días na zona e consideramos que a nosa participación é positiva para A Mariña e para Burela”....
El 17 de mayo, Día das Letras Galegas, el estadio municipal de Cantarrana en Viveiro acoge la celebración de un partido benéfico que enfrentará al Viveiro C. F. y al C.D.Lugo a partir de las doce del mediodía.
La recaudación se destinará al centro de menores Inmaculada Niña de Viveiro. Hay una entrada única al precio de 5 euros, y la venta anticipada y para la fila cero se realiza en Deportes Cota, Loterías Girón y en el local social del Viveiro C.F.
En el descanso de este encuentro se disputará un partido entre equipos de las categorías inferiores del Viveiro C.F.
Dentro del convenio de colaboración entre la Xunta de Cofradías de la Semana Santa de Viveiro y el Viveiro Club de Fútbol se contempla la celebración anual de un partido benéfico para colaborar con alguna institución...
leer másFoz acollerá do 30 de xullo ao 5 de agosto deste ano un campus de baloncesto e un campamento urbano multideportivo organizados polo CB Ensino, de Lugo. Na presentación destes eventos participou o alcalde, Javier Jorge Castiñeira.
O campus de baloncesto está dirixido a mozos de entre 9 e 17 anos e o campamento urbano para nenos desde os 3 aos 12 anos. Os dous eventos ofrecen varias posibilidades de participación: mañás, de 10:00 a 14:00 horas, cun prezo base por persoa de 60 euros; media pensión, de 10:00 a 18:00 horas, cun prezo base por persoa de 120 euros; e pensión completa, cun prezo base por persoa de 280 euros.
A organización explica que esta oferta de ocio activo é posible grazas á colaboración entre un amplo grupo de entidades públicas e privadas: Porta XI Ensino, Concello de Foz, CB Celtas de Foz e...
leer másO II Torneo de Ximnasia Rítmica Concello de Foz, organizado polo Club de Ximnasia Rítmica Areoura, terá lugar o vindeiro sábado, 6 de maio no pavillón de Marzán a partir das 16:30 horas. Foi presentado hoxe, mércores, cun acto ao que asistiron o alcalde focense, Javier Jorge Castiñeira; a secretaria e adestradora do club Areoura, Lucía Filgueira; así como as socias do club Carolina Mansilla, María Luisa Marcos e Paula e Carla Díaz.
O torneo é de nivel escolar e iniciación en todas as categorías, desde baby ata senior, e haberá modalidade conxunto e individual. Os clubs inscritos son: Club E.X. Porta Norte, Club Ximnasia Rítmica Viveiro, Club Becerreá, Club Xirandela, Club Violeta, Club Filigrana, Club A.D. Aixa, Club Escola Rías Baixas, Club Ría de Marín, C.D. Rítmica La Bañeza, e Club E.X. Areoura, como anfitrión. Ao redor de 300...
leer másEl Grupo Serviocio/BeOne ultima estos días los preparativos de la Heroican Race, que se celebrará en Ribadeo el próximo domingo, 7 de mayo, y en la que se han inscrito 1.500 participantes.
La tanda élite dará comienzo a las 10 de la mañana, las populares a partir de las 10:30 horas y la última está prevista para las 12:45 horas.
La Heroican Race 2017 cuenta con un circuito diferente, con más participantes que el pasado año, con nuevos obstáculos y una de las tandas será solo para un grupo cerrado de personas llamado Atletas de barrio.
Los participantes en la Heroican Race deben sortear monkeys bars, fly-monkeys, anillas, porteos, peg-board, un nuevo muro, zanjas con alambrada, muros, zanjas pequeñas, grandes y gigantes en 250 metros de pura diversión de agua y barro.
Desde la...
O vindeiro domingo, 7 de maio, a Casa da Cultura de San Ciprián acollerá un seminario de dirección a partir das 12:30 horas. Trátase dunha actividade paralela ao Nacional Junior de Baloncesto Feminino do que Cervo será sede, e que organizan o Concello de Cervo, conxuntamente co C.D San Ciprián e a Federación Galega de Baloncesto.
Os interesados en inscribirse poden facelo a través do correo adestradores@fegaba.com.
Na presentación estiveron presentes o edil de Deportes do Concello de Cervo, José Ramón Soto, o responsable do CD San Ciprián, Juanma López, e o responsable deportivo da Federación Galega de Baloncesto na zona da Mariña, Nacho Mota.
O próximo día 1 de maio a ACD.XOVE, organiza e patrocina, xunto co Concello de Xove e o Servizo Provincial de Deportes da Xunta de Galicia, a fase final do Campionato Provincial de Fútbol Sala Infatil.
Os catro mellores equipos da provincia, xogaran pola mañá as semifinais, e pola tarde o terceiro e cuarto posto e a final.
Antes de empezar a sesión de tarde, xogarase un partido de exhibición entre os Prebenxamins da Escola de Fútbol Sala da ACD.XOVE.
O Deputado de Deportes, Pablo Rivera Capón, xunto ao Alcalde de Burela, Alfredo Llano García,o Concelleiro de Deportes de Viveiro, Emilio Villarmea Méndez, o Concelleiro de Deportes de Cervo, Luis Antonio Guillén Menéndez, o Presidente da Federación Galega de Baloncesto, Francisco Martín Micó, e o Presidente do CB Estudiantes Lugo Leyma Natura, Suso Lázare Rincón, presentaron este xoves o XXXVII Campionato de España de Baloncesto Júnior Feminino.
O organismo provincial é o principal patrocinador do campionato, posto que realiza unha achega de 22.000 euros para a celebración desta cita nacional,que terá lugar nos Concellos de Viveiro, Burela e Cervodo 7 ao 13 de maiona que participarán 32 equipos femininos chegados de toda a xeografía española.Serán, polo tanto, 500 xogadoras nadas nos anos 1999 e 2000 as que reunirá o evento. A estas...
leer másO Deputado de Deportes, Pablo Rivera Capón, xunto ao Presidente da Federación Galega de Piragüismo, José Alfredo Bea García, e o Presidente do Club Cidade de Lugo, Martín Carballo Méndez, presentou a VII Liga Provincial de Piragüismo, que terá lugar entre os meses de abril e setembro, nos Concellos de Lugo, Ribadeo, Cervo, Viveiro e Foz.
O organismo provincial apoia a celebración deste evento deportivo cunha achega económica de 20.000 euros para promover o deporte base, ademais de desestacionalizar o turismo e incentivar a economía nos diferentes municipios nos que terán lugar as seis probas das que consta a competición, organizadas polos seis clubes que participan nela, é dicir: Club Fluvial, Club Cidade de Lugo, Club Piragüismo Altruan, Club Deportivo San Ciprián, Club Piragüismo Viveiro, Club Kayak de Foz.
...
leer más