Os Sendeiros de Foz organiza un andareiro por Penabor o 19 de agosto. É a última saída dos sábados de verán.

A asociación Os Sendeiros de Foz organiza a última saída dos Sábados de Verán, o 19 de agosto.

A ruta programada para esa xornada discorrerá por Penabor e ten unha dificultade media. A saída será ás 9:00 horas do Concello.

O prezo é 2 euros para as persoas non federadas, seguro de accidentes obrigatorio. Para participar hai que anotarse e pode facerse nos números de teléfono 676 561 594 e 670 369 017, ou no e-mail ossendeiros@yahoo.es O prazo de inscrición remata o xoves 17.

A organización recomenda levar equipo de sendeirismo e auga e comida para o camiño.