Os días 16 e 17 de agosto terá lugar en Burela o torneo 3 x 3 de baloncesto nas categorías benxamín e alevín. Está organizado polo Concello, que conta coa colaboración do CB Burela. A presentación do evento deportivo tivo lugar este mediodía.
Ramiro Fernández Rey, concelleiro de Deportes, sinalou que “seguimos apostando polas actividades de ocio no verán para os máis cativos. Pensamos que se trata dunha cita atractiva para Burela e para os amantes do baloncesto. Animamos a todos os rapaces e rapazas interesados en participar neste torneo a que se inscriban e a que acudan”.
O torneo 3 x 3 de baloncesto disputarse na praza da Mariña o 16 e o 17 de agosto a partir das 20:00 horas. As inscrición poderán realizarse o vindeiro mércores a partir das sete e cuarto da tarde.
O edil burelés agradece “a colaboración do CB Burela. Agardamos que o torneo sexa un éxito para así repetilos noutras ocasións”.
No acto de presentación participaron por parte do Concello o alcalde, Alfredo Llano, e o concelleiro de Deportes, Ramiro Fernández Rey, e por parte do CB Burela Rogelio Callón.