Papá Noel
Hasta el día 5 de enero los niños y niñas que lo deseen podrán depositar sus cartas para Papá Noel y los Reyes Magos en el buzón que Correos ha instalado en la oficina postal de Burela.
Además de fomentar el espíritu navideño, esta iniciativa de Correos también pretende fomentar la práctica de la escritura entre los más pequeños de la casa. Por eso estas Navidades en las oficinas de Correos con buzón especial y a través de Correos Market también se podrán conseguir “packs mágicos”, que contienen cartas para escribir los deseos, sobres especiales y pegatinas con motivos navideños para decorarlas y que llamen la atención de sus ilustres destinatarios....
leer másPapá Noel visitará Lourenzá este venres, 22 de decembro. Para as 16:00 horas está prevista a súa chegada ao Centro de Día e a continuará fará un percorrido polas rúas de Vilanova, no que estará acompañado por membros da asociación VespaFaba & Clásicos e a música da Asociación Cultural Osorio Gutiérrez. E ás 18:00 horas recibirá aos nenos e nenas nos baixos da Casa do Concello.
É unha actividade organizada polo Concello de Lourenzá.
Barreiros recibirá a visita de Papá Noel este sábado, 23 de decembro, ás 19:00 horas.
“Achégate este sábado ás 19:00 horas ao centro sociocultural de San Cosme onde contaremos coa presenza de Papá Noel, que agardará a todas as crianzas que queiran darlle a súa carta e facer realidade os seus desexos”, anuncia o Concello de Barreiros.
O Motoclub Ruta N-634 organiza a sexta edición da súa Papanoelada Moteira en Mondoñedo este sábado, 23 de decembro. Será a partir das 16:00 horas na Praza da Catedral e haberá sorteos, agasallos, inchables e chocolate.
Este evento contará coa presenza de Adrián Méndez, mindoniense campión nacional de enduro na categoría de 65 centímetros cúbicos que presentará a súa nova moto, de 85 cc.
A Biblioteca Municipal de Ourol organiza a visita de Papá Noel con contacontos de Nadal para o día 21 de decembro, xoves. Será ás 18:00 horas no Edificio Multiusos de Ourol.
Esta actividade está destinada a nenos e nenas a partir de 3 anos e ás súas familias, que poderán levar as súas cartas para Papá Noel.
A inscrición para asistir está aberta ata o 20 de decembro a través do seguinte enlace: https://forms.gle/p9sEpKhNvsnT8dbr9.
Os interesados poden obter máis información a través dos teléfonos 982.55.90.19 ou 608.69.40.51.
O vindeiro 24 de decembro Papá Noel estará no Valadouro, onde se realizará unha recepción para todos os nenos e nenas que se queiran achegar.
En colaboración co Motoclub Val D’Ouro convídase a participar na Papanoelada moteira vestidos coa indumentaria vermella para percorrer as rúas do val ata a recepción a Papá Noel.
O Concello de Barreiros organiza o programa de Nadal que comeza este xoves, 23 de decembro, coa visita de Papá Noel que terá lugar na praza do Concello ás 19:00 horas.
O domingo, día 26, o grupo Lila Teatro presentará O cachopo máxico. A función, dirixida ao público familiar, será no centro social ás 19:00 horas.
O xoves 30 haberá a actuación musical Guateque Roll na praza do Concello, ás 19:00 horas.
A Área de Cultura da Deputación de Lugo colabora na organización destas actividades.
Papá Noel visitará Lourenzá este xoves, 23 de decembro, acompañado pola música da Asociación Cultural Osorio Gutiérrez.
O concelleiro de Cultura, Manuel Arango, anuncia que Papá Noel “recibirá aos nenos e nenas laurentinas nos baixos do Concello de 17 a 19 horas. Previamente visitará o Centro de Día e irá acompañado da música da Asociación Cultural Osorio Gutiérrez, que reaparece despois do parón obrigado pola pandemia”.
O Concello de Burela pon en marcha a campaña Queres falar con Papá Noel?. Os país, nais ou titores legais dos pequen@s deberán solicitar, a través da web, que Papá Noel se poña en contacto con eles nas vindeiras datas de Nadal. O prazo de inscrición remata o día 17 de decembro.
As persoas interesadas terán que solicitar esa chamada a través da web www.nadal2020.es onde aparecerá un apartado chamado Rexistro no que deberá marcarse o de Burela. Despois da inscrición, e de marcar a data e a hora, deberá terse dispoñible o teléfono móbil a través do que se vai establecer a comunicación.
A concelleira de Servizos Sociais, Carmela López, declara que “este ano é diferente dos demais e os nosos nenos e nenas non poderán sentarse no colo de Papá Noel para contarlle que é o que lles...
leer másDesde o Concello de Xove sinalan: “que este ano está a ser complicado non é unha novidade. O Covid-19 trastocou as nosas vidas de tal maneira que temos que estar constantemente reiventándonos. Pois ben, a novos problemas, novas solucións. Unha das preocupacións de moitas familias, e por ende, de moitos nenos e nenas, vai ser a visita de Papá Noel e dos Reis Magos. Os protocolos da Covid-19 aféctannos a todos, e a Papá Noel e aos Reis Magos por suposto que tamén”.
E explican que “dadas estas circunstancias, dende o Concello de Xove -e pensando nas ilusións dos nosos miúdos, nesas datas especiais que fan que para eles sexan uns días máxicos- imos ofrecerlle a todas as familias de Xove un novo servizo, novo e moi novedoso. Dende o Concello poñemos a disposición de todas as nosas familias unha plataforma para que os nosos nenos poidan falar con Papá...