Osa do Mar
O deputado de Mocidade Daniel García participou
esta tarde na presentación do festival Osa do Mar, que se celebrará do 6
ao 8 de setembro en Burela co apoio da Vicepresidencia da Deputación de
Lugo.
No acto, que contou coa actuación do grupo Abril, O responsable
provincial valorou a traxectoria do festival que cumpre dez edicións,
remarcando "a súa orixe no tecido asociativo, na Asociación Cultural
Fanto Fantini" e a aposta por "dar espazo as bandas galegas e a música
en galego e tamén a artistas locais"
Neste sentido, explicou que "para a Vicepresidencia da Deputación de
Lugo é prioritario dar apoio ás iniciativas do asociacionismo, ligadas
ao territorio e á comunidade, que son as que teñen unha maior pegada
cultural e social".
A Vicepresidencia da Deputación de Lugo apoia a organización do festival...
leer másO festival de música Osa do Mar, de Burela, vén de presentar o cartel definitivo da súa décima edición, que contará con artistas como Iván Ferreiro, Tanxugueiras, The Rapants, Grande Amore, Yawners, Travis Birds ou Las Petunias. O evento sen ánimo de lucro, organizado cada ano pola Asociación Cultural Fanto Fantini, terá lugar os días 6, 7 o 8 de setembro.
A alcaldesa de Burela, Carmela López, amosa o seu "apoio total ao festival Osa do Mar, que leva 10 anos traendo a mellor música a Burela cada verán. Trátase dunha cita ineludible do verán burelao, na que artistas locais, da Mariña, de Galicia e de España se xuntan para facer bailar a miles de veciños, veciñas e visitantes na nosa vila".
Confirmados os primeiros grupos que pasarán polo festival Osa do Mar, que se celebrará en Burela do 6 ao 8 de setembro de 2024. Trátase de Cala Vento, Futuro Alcalde, Jordana B., Mondra, Tanxugueiras, The Rapants…
Para celebralo a organización sortea 4 bonos “entre os que lle den ao corazonciño, compartan a publicación e comenten algo nela”.
As entradas están á venta en www.osadomar.com con prezos e descontos especiais ata o 29 de febreiro. Os empadroados no Concello de Burela teñen un desconto de 10€ nos bonos introducindo o código BURELA, farase comprobación posterior no rexistro oficial.
Estes son os prezos ata o 29 de febreiro:
-bono adulto: 40€
-bono xuvenil (16 e 17 anos): 30€, poden ir sen acompañante, pero necesitan...
leer másOs organizadores sinalan: “faltan 5 días, se aínda non tes a túa entrada vai a www.osadomar.com e ponlle remedio. Non te podes perder este @osadomar 2023 (1, 2 e 3 de #setembro #burela #amariñadelugo)”
E tiveron palabras de agradecemento para os patrocinadores e colaboradores: “grazas a todos os patrocinadores e institucións que o fan realidade cada ano. E a todas as colaboradoras e colaboradores pola ilusión e traballo!”.
@vibramahou
@concellodeburela
@vicedepulugo
@xuntagalicia
@camino_xacobeo
@gadis.supermercados
@thunderbitchwhisky
@lolea_es
@paco_lola
@gin_montefaro
@merluzadeburela
@mapfre Burela
@contraste_foodanddrinks
A Asociación Cultural Fanto Fantini organiza a oitava edición do festival Osa do Mar, que terá lugar na Praza do Concello, en Burela, os días 2 e 3 de setembro.
Osa do Mar é un festival de música que ofrece un cartaz orixinal, mesturando diferentes estilos. Seguindo a súa liña, a maioría son grupos emerxentes, moitos deles galegos, como Grande Amore, TheRapantsou Berto, aos cales se unen grupos máis coñecidos como La LaLoveYou, Karavanaou Aiko el grupo. O festival tamén contará coas actuacións de Anabel Lee, Arde Bogotá, A Pedreira, Biela, Grande Osso, LeahWoods(rincón a pé de praia), Llegamos tarde (DJ set), Mariagrep, Niña Polaca e Zé pequeno.
A súa intención é recuperar o formato de anos anteriores ao Covid-19, ampliando o aforo e volvendo aos concertos gratuítos en diferentes ubicacións, facéndoo así máis...
leer másA asociación cultural Fanto Fantini anuncia: “pensamos en facer o Osa do Mar 2022 no metaverso e con hologramas para axustar o presuposto pero ao final decidimos intentar facer un festival dos de contacto. E para iso necesitamos da vosa axuda, somos unha entidade sen ánimo de lucro e si queremos facer a oitava edición temos que comezar a buscar financiamento debaixo das pedras. Por iso recorremos a esta campaña de captación de fondos vendendo por adiantado a entrada, camiseta e bolso”. A oitava edición do festival Osa do Mar será os días 2 e 3 de setembro en Burela.
Os organizadores engaden: “somos un festival pequeno, que preparamos desde a Asociación Cultural Fanto Fantini cada ano con moita ilusión. Prometemos traballar nun cartel variado e de calidade como até o de agora. Moi pronto poderemos comezar a confirmar bandas. Intentaremos...
leer másO festival musical Osa do Mar celebrarase na Praza do Concello de Burela para 400 persoas sentadas os días 24 e 25 de setembro, venres e sábado.
O cartel do evento inclúe as actuacións de Black Friday (The BF Show), Los Rastreadores (Ortiga e Grande Amore ), Moura, Niña Polaca, Delaporte, Blanco Palamera, The Rapants, Veintiuno y Verto.
Todos os concertos serán no escenario Vibra Mahou Osa do Mar: tres a noite do venres 24 de setembro, dous na sesión vermú do sábado 25 de setembro e catro actuacións a noite do sábado 25 de setembro.
As entradas están á venda en https://entradium.com/es/events/festival-osa-do-mar-2021
O alcalde, Alfredo Llano, convida a asistir ao festival Osa do Mar que se celebra os días 18 e 19 de agosto na localidade. A novidade deste ano é que os concertos serán no campo de fútbol de A Marosa.
O rexedor burelés declarou que “volvemos ter outra edición do festival Osa do Mar este fin de semana, o venres 18 e o sábado 19. Imos ter unha nova edición deste festival que agrupa e ofrece o mellor de moitos grupos de músicas diferentes, de tal xeito que trata de satisfacer os gustos de moita xente, aínda que poden ter gustos dispares”.
O alcalde dixo que “se trata de ofrecer unha variedade e unha calidade extraordinaria a toda a xente que se achegue polo recinto do festival, que este ano vai ser dentro do campo de fútbol de A Marosa”.
Alfredo Llano salientou que “como alcalde me gustaría...
leer más