O festival Osa do Mar celebrarase na praza do Concello de Burela para 400 persoas sentadas os días 24 e 25 de setembro.

O festival musical Osa do Mar celebrarase na Praza do Concello de Burela para 400 persoas sentadas os días 24 e 25 de setembro, venres e sábado.

O cartel do evento inclúe as actuacións de Black Friday (The BF Show), Los Rastreadores (Ortiga e Grande Amore ), Moura, Niña Polaca, Delaporte, Blanco Palamera, The Rapants, Veintiuno y Verto.

Todos os concertos serán no escenario Vibra Mahou Osa do Mar: tres a noite do venres 24 de setembro, dous na sesión vermú do sábado 25 de setembro e catro actuacións a noite do sábado 25 de setembro.
 
As entradas están á venda en https://entradium.com/es/events/festival-osa-do-mar-2021