Preto dunha vintena de artistas pasarán polo festival Osa do Mar, que se celebrará en Burela os días 1 e 2 de setembro.

Nas últimas horas tivo lugar a presentación oficial do Festival Osa do Mar 2023. O emplazamento escollido non foi ao azar, o mirador da Rúa do Hórreo de Burela / A Moncloa é un espazo céntrico, recollido, non moi amplo pero con encanto, historia e mirando ao mar. Buscábase iso, un lugar en sintonía co Osa do Mar. 
 
No acto estiveron representadas institución, empresas e a Asociación Cultural Fanto Fantini. As pezas clave que fan posible a celebración do Osa do Mar 2023 (en Burela os días 1 e 2 de setembro). Despois da presentación de Fanto Fantini tomaron a palabra os representantes das 3 institucións colaboradoras: 
• Deputación de Lugo (Daniel García, deputado provincial e responsable da Área de Medio Rural, Mar e Xuventude). 
• Xunta de Galicia (Javier Arias, Delegado territorial da Xunta de Galicia en Lugo)
• Concello de Burela (Carmela López, Alcaldesa do Concello de Burela).
 
Daniel García subliñou “que o Osa do Mar xurde e se mantén como unha iniciativa do tecido asociativo local, da Asociación Cultural Fanto Fantini, algo pouco habitual no mapa dos festivais. Para a Vicepresidencia da Deputación de Lugo é prioritario dar apoio ás propostas do asociacionismo e á xente que está detrás deles, e faleco de xeito estable e continuado para que poidan traballar con certezas”.
 
Tamén valorou “a aposta que fan polas bandas galegas e a música en galego, moi presente no cartel deste ano. Seguimos precisando ampliar os escenarios e os altofalantes para a nosa lingua”.
 
Entre os patrocinadores principais estiveron presentes: Vibra Mahou, Gadis, Mapfre Burela, Paco y Lola, Contraste e Merluza de Burela.
 
O Osa do Mar conta desde a súa primeira edición co apoio de Vibra Mahou, a plataforma de música de Mahou Cinco Estrellas que impulsa os encontros en torno ao directo.
 
Tamén se quixo dar as grazas aos pequenos patrocinadores que colaboraron co Festival a través da compra do Pack Marosa e outras que colaboraron con nós de diferente forma (pódense ver na web www.osadomar.com). Desde Fanto Fantini animan ás empresas a que sigan mercando este pack que inclúe catro entradas. 
 
Aproveitouse a presentación para desvelar a programación por días do Osa do Mar 2023: 
• O venres no Escenario Vibra Mahou: 
o Óscar Fedez & Leo Salinas. 
o Shego.
o Fillas de Cassandra.
o Sexy Zebras. 
o _juno
o Grande Osso
• O sábado:
o Sesión Bearmú Paco y Lola: 
 Catuxa Salóm
 Ángel Stanich
o Nas Tardes de Peixe (no Barco Museo): 
 Caamaño&Ameixeiras
 Batuko Tabanka
 Bala e Lúa Mosquetera. 
o No Escenario Vibra Mahou: 
 La Paloma
 Xoel López
 Medo Quinhon
 Carlangas
 Eme dj
 
Unha oferta musical variada e diferente que lle encantará ao público. Desde hoxe están á venta as entradas por días (25€ o venres e 30€ o sábado) e seguen a estar disponibles os bonos para os 2 días por 40€, pódense mercar desde a web www.osadomar.com
 
Tamén está disponible todo o merchandising de este ano na web (para compra online) e en diferentes puntos de venta en Burela: A Tenda do Roxo, Atmosfera Sport e Lagaña Tattoo.
 
Os organizadores están contentos coa venta de entradas ata agora e esperan que sexa unha edición con moi bo ambiente.