
Confirmados os primeiros grupos que pasarán polo festival Osa do Mar, que se celebrará en Burela do 6 ao 8 de setembro de 2024. Trátase de Cala Vento, Futuro Alcalde, Jordana B., Mondra, Tanxugueiras, The Rapants…
Para celebralo a organización sortea 4 bonos “entre os que lle den ao corazonciño, compartan a publicación e comenten algo nela”.
As entradas están á venta en www.osadomar.com con prezos e descontos especiais ata o 29 de febreiro. Os empadroados no Concello de Burela teñen un desconto de 10€ nos bonos introducindo o código BURELA, farase comprobación posterior no rexistro oficial.
Estes son os prezos ata o 29 de febreiro:
-bono adulto: 40€
-bono xuvenil (16 e 17 anos): 30€, poden ir sen acompañante, pero necesitan autorización firmada para acceder ao recinto.
-bono infantil (menores de 16 anos): gratuíto, pero é obrigatorio sacar a entrada.