Burela vibrará ao ritmo do Osa do Mar os días 19 e 20 de agosto. O evento foi presentado no Concello.

Burela vibrará ao ritmo do Osa do Mar os días 19 e 20 de agosto. O evento foi presentado no Concello.
 
No Concello de Burela tivo lugar a presentación do festival Osa do Mar. O alcalde aludiu “ao compromiso tanto da Deputación como do Concello con este festival. Imos apoiar institucional e economicamente de forma activa aos promotores deste evento”.
 
Alfredo Llano salientou que “pensando sempre no ben común de Burela e pensando que este é un aspecto cultural que tamén hai que espallar e darlle a súa importancia. É unha música alternativa que pola súa calidade penso que pode ser moi interesante este fin de semana”.
 
O alcalde de Burela quixo “invitar a todo o mundo a que se achegue tanto de A Mariña como da provincia da Coruña ou de Asturias aquí a Burela. Van ter unha gran oportunidade de apreciar un aspecto cultural e musical importante, e por outro lado tamén van ter oportunidade de coñecer a nosa vila e gozar do que aquí podemos ofrecer”.
 
Os dous actos contaron coa participación do responsable da Área de Deportes da Deputación de Lugo, Pablo Rivera.