Baixada
O 7 de setembro de 2024 celebrarase a III Baixada de Carrilanas Concello de Riotorto, puntuable para o Campionato de España de Deportes de Inercia. O evento está organizado polo Concello de Riotorto e Carrilanas Os Meiregos.
A cita, que será puntuable para a Copa Galicia e Copa de España 2024, terá lugar no seguinte horario: as verificacións realizaranse de 11:00 a 12:30 horas e a carreira desputarase entre as 15:30 e as 19:00 horas.
Os corredores competirán por premios para os tres mellores de cada categoría, así como no Scratch xeral. Para facilitar a participación, habilitarase un pavillón con servizo de duchas e baños para acampada, dispoñible desde o venres ata o domingo. Os menores de idade deberán enviar previamente a “Autorización menores 2024” ao organizador da carreira a través do correo electrónico...
leer másO 23 de setembro terá lugar a segunda baixada das carrilanas en Riotorto.
A actividade está organizada pola Asociación de Carrilanas os Meiregos, club formado por veciños e amigos de Meira e esta celebración ten o dobre obxectivo de reivindicar esta práctica e ao mesmo tempo traer turismo á zona e axudar aos negocios.
As inscricións poderán realizarse ata o 20 de setembro ás 23.59 horas.
Os menores de idade enviarán ao organizador da carreira a autorización correspondente para poder participar na proba, envío obrigatorio ao asociacionosmeiregos@gmail.com.
A xornada dará comezo ás 11.00 horas coas verificación técnicas e administrativas, de 13.00 a 14.00 horas haberá un pincheo. Ás 14.30 horas comezará o remonte...
leer másO 30 de xullo terá lugar en Riotorto a 1ª Baixada de Carrilanas. O evento está organizado pola asociación Carrilanas Os Meiregos, que contan coa colaboración da Federación Española de Deportes de Inercia, o Concello de Riotorto e Laura Alonso.
O alcalde de Cervo, Alfonso Villares, o edil de Deportes, José Ramón Soto, as concelleiras de Cultura e Turismo, e unha representación do Club Limosa Surf, presentaron a V Baixada do Faro en Longskate, que terá lugar este sábado, 4 de agosto, desde as 10:00 horas, organizada por este Club, en colaboración do Concello.
Tal e como explicaron desde a organización “trátase dunha proba de longskate cronometrada desde o Faro Punta da Atalaia, en cuxo percorrido inclúense tres curvas, a do Corbeiro, a da Gardería e a da Morte, que bautizaron así por ser a máis pronunciada da baixada”.
Entre as 10:00 e as 11:30 horas terán lugar os adestramentos. Entre as 12:00 e as 14:00 horas serán as probas clasificatorias. Entre as 14:00 e as 16:00 horas as persoas participantes poderán desfrutar dun intre de relax para poder visitar...
leer másO 29 de xullo celebrarase en Alfoz a I Baixada de Carrilanas Castelo de Castro de Ouro.
É unha proba puntuable para o Campionato Galego e dará comezo ás 15:00 horas coas verificacións administrativas.
Ás 16:00 terá lugar o inicio da proba desenvolvéndose os adestramentos, a primeira manga cronometrada, a segunda manga cronometrada e exhibición.
Ás 20:00 horas será a entrega de premios. Pode obterse máis información en www.fedei.com.
Organiza a Asociación Cultural Xuvenil O Castelo coa colaboración do Concello de Alfoz.