Familia

Etiquetas:
24/03/2024

O vindeiro martes, 26 de marzo, a picaraxada ten contacontos da man de Miguel Guido e “O lobo feliz”.

Trátase dun contacontos con humor e música pensado para un público de 3 a 8 anos, pero do que pode gozar toda a familia

As protagonistas son historias de lobos feroces…É tempo de lobos que buscan a felicidade ouveando á lúa!

O contacontos terá lugar na Casa da Cultura ás 12:00 horas, con entrada de balde. 

Etiquetas:
29/10/2023

O Mago Teto presenta o seu espectáculo titulado Rock ‘n’ Magic, que inclúe música en directo a cargo de Mister Cool e Fer Risco, na Casa de Cultura de Burela o sábado 4 de novembro ás 19:00 horas.

Esta actividade, incluída na programación cultural do Concello de Burela, é un show para público familiar e o prezo da entrada é de 3 euros.

 

Etiquetas:
28/09/2023

A Biblioteca Municipal de Burela acolle o espectáculo 'A igualdade non ten idade', de Luis Vallecillo, como parte do programa Ler Conta Moito

Terá lugar este sábado, 30 de setembro, ás 18:00 no auditorio da Casa da Cultura de Burela. Esta actividade, gratuíta e dirixida ao público familiar, está organizada pola delegación municipal de Cultura do Concello de Burela.

No espectáculo, ambientado nun futuro non moi distante, Luis ten a oportunidade de contar cómo as rapazas e rapaces do seu tempo foron capaces de cambiar o mundo axudando ás persoas maiores a comprender o que verdadeiramente era a igualdade. Nel descubriremos a “Canción” que permitiu converter todas as inxustizas en oportunidades, logrando unha sociedade na que se respeta a todas as persoas, diversas na súa esencia, pero iguais nos seus dereitos. Todo...

leer más
Etiquetas:
08/08/2023

O Concello de Trabada organiza diferentes eventos para toda a familia durante o mes de agosto dentro da súa programación de verán. Ademais conta coa colaboración da Xunta de Galicia e da Deputación de Lugo.

Por unha banda, terán lugar os Seráns culturais con tres actividades repartidas entre os días 14, 15 e 16 de agosto. Todas elas serán ás 18 horas na Praza do Concello. Tratarase da obra de teatro “Ghop!” da man de Teatro ó Cubo o luns 14 de agosto, Pakolas actuará con “Rockeando con Ramona Pequena” o martes 15 e Uxía Lambona e a banda molona traerá “Un soño é” o mércores 16.

Por outra banda, o sábado 26 de agosto a partir das 11:30 horas haberá actividades fluviais na Ría de Abres.

Etiquetas:
17/11/2022

O prazo de inscrición remata o sábado 19 ás 12:00 horas 

O Concello de Viveiro abre o prazo de inscrición para o obradoiro de manualidades en familia que se levará a cabo este domingo, día 20, con motivo da celebración do Día Mundial da Infancia. 

Poderán participar de balde persoas de tódalas idades, sendo imprescindible a súa inscrición previa, a través da seguinte ligazón: https://forms.gle/6rhmDLAGjBzgzBTF7 ou ben cunha chamada ou whatsapp ao seguinte teléfono de contacto 654208333. 

A actividade terá lugar ás 17:00h no Salón Multiusos do Concello de Vivero e está organizada polo Grupo de Participación Xuvenil de Viveiro, coa colaboración da Concellería de Benestar Social e Eureka. 

Consistirá nun obradoiro de...

leer más
Etiquetas:
13/10/2022

O vindeiro sábado , 15 de outubro, ás 18 horas, o auditorio da Casa da Cultura de Burela contará coa visita do Grupo Música Miúda. Nesta ocasión  presentarán “As Historias de Bemol Pequeno”.

Un ano máis, a Biblioteca Pública de Burela participa en Ler Conta Moito 2022, un programa de dinamización da lectura nas bibliotecas públicas promovido pola Xunta de Galicia en colaboración coas  entidades locais.

A través do mesmo as bibliotecas integradas na Rede de Bibliotecas Públicas de Galicia ofrecen actividades variadas para achegarlle á cidadanía a lectura e a información dunha maneira lúdica e atraente.

Deste xeito as bibliotecas reforzan o seu carácter de espazo aberto, ao tempo que alentan a aprendizaxe e a descuberta a través dos recursos que proporcionan.

... leer más
Etiquetas:
12/09/2022

O vindeiro 25 de setembro terá lugar a segunda edición do Orienta Ribadeo, unha actividade de aventura familiar e de balde. A inscrición estará aberta desde hoxe e ata o 21 deste mes. 

Desde a OMIX explican que “chega a segunda edición do Orienta Ribadeo co obxectivo de por en valor o noso concello mediante unha actividade innovadora, segura, saudable, participativa e de carácter familiar. A empresa galega Territorio Comanche deseñou para o Concello esta actividade”.

Orienta Ribadeo terá lugar desde as 11.00 horas da mañá do domingo 25 de setembro. Os participantes deberán percorrer a pé unha distancia variable,  intentando localizar unha serie de puntos de control ou balizas e superando diversas probas, tanto físicas como de coñecemento. O tempo máximo para realizar a proba é de dúas horas e media e os equipos...

leer más
Etiquetas:
02/05/2022

A Concellaría de Mocidade programa varias actividades para esta primeira quincena de maio. O día 13 terá lugar o Escape Room Noite Meiga. Trátase dunha proba de escapismo e orientación urbana na que poderá participar toda a familia a partir dos 11 anos. Tamén ese día dentro do ciclo O Concello cos Coles haberá un Escape Room educativo titulado Rexeita o Maltrato no colexio Sagrado Corazón. E o 16 de maio está prevista unha sesión de Cine na Rúa coa proxección da película de animación Valentina, unha produción galega e en galego, que foi estreada a finais de 2021 e que recibiu o premio Goya á mellor longametraxe de animación. 

A edil nacionalista explicou que “son actividades dirixidas á toda a familia, divertidas e sobre todo para poder disfrutar dese tempo de lecer. A primeira que se vai desenvolver é un Escape Room, que denominamos Noite...

leer más
Etiquetas:
21/12/2021

A compañía Spaguetti Títeres presenta Historias para unha man, dentro do ciclo Monicreques, organizado pola Área de Cultura, Patrimonio Histórico Artístico e Normalización Lingüística da Deputación de Lugo e a Concellería de Cultura de Burela. 

A representación terá lugar no auditorio da Casa da Cultura este xoves, 23 de decembro, ás 18:00 horas. A obra está destinada a todos os públicos e a entrada é libre ata completar aforo.

Trátase dun espectáculo sen palabras, composto de catro pezas da vida cotiá: o soño, a pingueira, historias con frores e o impo, todas elas conducidas polas mans que poñen e quitan do escenario pois estas son a ialma dos títeres.

 

Etiquetas:
13/12/2021

O vindeiro mércores, 15 de decembro, terá lugar o tradicional concerto de Música en Familia da Escola Municipal de Música de Burela. Será a partires das 20 horas no auditorio da Casa da Cultura.

O director do centro, Xan Carballal, lembrou que “esta é unha cita que a nosa escola ven ofrecendo dende o seu inicio e que lamentablemente vímonos na obriga de interrompelo o ano pasado por mor da pandemia”. 

Carballal subliñou que “como é habitual, o concerto estará levado polas agrupacións de coro, banda, orquestra, grupo de rock, grupo de jazz e os alumnos e alumnas de música e movemento e formación básica”.

E engadiu: “en canto ao repertorio, presentaranse obras propias destas agrupacións de tódalas épocas e pasando por estilos coma o clásico ata a música popular”.