Familia
O vindeiro luns, día 18, celébrase do Día Mundial da Síndrome de Asperger. Para conmemorar esta data a asociación Capaces, o Concello e Cine Ribadeo organizan unha sesión de cine en familia destinada a aquelas persoas cunha sensibilidade especial ás necesidades das persoas con autismo.
A película que se proxectará será “La Lego Película 2” ás 18:00 horas e o prezo das entradas será de 4,50 euros.
Desde a Concellaría de Servizos Sociosanitarios animan “a asistir a esta cita para así amosar o apoio da veciñanza a aqueles nenos e nenas con Síndrome de Asperger”.
O Concello de Mondoñedo agasalla aos visitantes que esta ponte se achegan á localidade, de maneira que os turistas que se aloxen en calquera establecemento local poderán desfrutar de balde das audioguíasficcionadas ‘Merlín e familia. Un paseo emocionante polo Mondoñedo de Cunqueiro.’
Estas audioguías, realizadas por la Compañía de Teatro Chévere e financiadas pola Mancomunidade de Municipios da Mariña Lucense e o Concello de Mondoñedo, teñen unha duración de 45 minutos e propoñen un percorrido da mesma duración desde a Oficina de Turismo de Mondoñedo ata o cemiterio Vello guiados por "Rula" que, xunto cos mindonienses, nos debuxan o escenario dunha cidade entrañable e máxica, o Mondoñedo de Cunqueiro.
As persoas aloxadas nos esteblecemento locais poden recoller as audioguías na Oficina de Turismo municipal. Os...
leer másPistacatro presenta Outono no Teatro Pastor Díaz de Viveiro este sábado, 11 de novembro, ás 20:30 horas.
Con motivo dos dez anos do nacemento de Pistacatro, esta compañía de novo circo galego da o seu mortal máis arriscado, Outono. Trátase dun novo espectáculo no que reúne aos seus fundadores para celebrar o máis difícil aínda, facerse maior.
Outono é unha homenaxe aos pallasos clásicos contada a través dunha compañía de clowns en plena crise. Un espello no que se miran os artistas e as súas personaxes, unha carpa caída onde se suceden as estacións. Outono é un espectáculo de teatro-circo con música en directo, que nos conta a viaxe nostálxica de catro artistas ao seu pasado. Unha celebración da amizade e dos fracasos, unha reivindicación de ser idiotas, unha mirada poética ao antigo oficio dos pallasos. Un...
leer más- « primero
- ‹ anterior
- 1
- 2
- 3
- 4