Santo Estevo

16/10/2024

Este xoves, día 17 de outubro, terá lugar unha visita guiada ás 17:00 horas na escavación arqueolóxica que se está levando a cabo na finca adquirida, grazas á colaboración cidadá, en Santo Estevo do Ermo (Barreiros).

A intervención arqueolóxica, que conta co apoio da Área de Cultura de Vicepresidencia da Deputación de Lugo, ten como obxectivo recuperar e investigar parte deste importante espazo natural e histórico.

Esta visita está organizada por Mariña Patrimonio, a Irmandade Augas Santas Santo Estevo do Ermo e a Fundación Eira da Xoana (asociación ecoloxista Adega) e nela informarase sobre os avances e obxectivos desta intervención arqueolóxica.

14/09/2024

A asociación Adega anuncia: “o sábado 21 de setembro realizaremos un Roteirríos na Mariña Lucense. Roteirríos é un programa de itinerarios que pretende unir ríos e persoas nun ambiente lúdico e que se desenvolve dentro do Proxecto Ríos. Achegarémonos a coñecer a contorna do Regato de Santo Estevo de Ermo, un dos principais afluentes do río Masma. Poderemos coñecer e observar os valores naturais e patrimoniais que ofrece este enclave, así como as accións de custodia do territorio que desenvolven as entidades Mariña Patrimonio, Fundación Eira da Xoana e a Irmandade de Santo Estevo”.

Tamén explican: “entre as actividades previstas, ademais do roteiro, faremos unha visita á finca de custodia; achegarémonos á ermida de Santo Estevo do Ermo e á fervenza; tamén aproveitaremos para realizar unha inspección do Proxecto Ríos e coñecer o estado de...

leer más
23/08/2024

Santo Estevo do Ermo, no concello de Barreiros, acollerá o día 1 de setembro, domingo, un xantar e unha visita guiada.

Os organizadores explican que “este acto suspendeuse hai un mes por mor do mal tempo que impedía a súa celebración; agora, retómase: A Fundación Eira da Xoana (ADEGA), Mariña Patrimonio e a Irmandade Santo Estevo teñen o pracer de convocar a todas as persoas que fixeron unha achega económica para a compra da parcela de Santo Estevo, así como a todas aquelas que queiran unirse a esta celebración, a unha comida de confraternidade e a un paseo guiado pola fraga de Santo Estevo. Queremos celebrar con todos e todas vós este importante logro e amosarvos en persoa o espazo que, grazas a vosa xenerosidade, estamos a preservar e recuperar”.

Tamén anuncian o programa de actividades: “ás 14:30 horas, comida...

leer más
17/07/2024

A Irmandade Santo Estevo, Mariña Patrimonio e a Fundación Eira da Xoana (ADEGA), organizan para este venres, 19 de xullo, unha charla encontro sobre a fraga de Santo Estevo do Ermo e os seus restos arqueolóxicos. Será ás 20:00 horas  no salón de actos do Centro Sociocultural de Barreiros.

Este encontro ten como finalidade informar sobre o proceso de adquisicón da parcela onde se atopan os restos arqueolóxicos así como debater e intercambiar ideas sobre a ampliación da fraga de Santo Estevo do Ermo e a revalorización deste xacemento medieval.

28/06/2023

A asociación Camiñantes e Camiños, de Barreiros, organiza un ano máis a Romaría de Santo Estevo do Ermo, que terá lugar este sábado, 1 de xullo. 

O presidente do colectivo, José Manuel Gómez Puente, explica que “a Romaría de Santo Estevo do Ermo é unha tradición de moitos anos que os veciños e veciñas de Barreiros teñen moi presente e por iso desde a asociación Camiñantes e Camiños e Sanbet Agencia organizamos neste 2023 e propoñemos un sábado cheo de actividades”. 

O programa deseñado para o 1 de xullo é o seguinte: “comezaremos cunha ruta de sendeirismo ás dez da mañá. Os participantes recibirán como agasallo un sombreiro. Á unha do mediodía teremos misa cantada polo Coro Airiños do Mar e logo procesión. Despois ás 13:30 horas actuación dos gaiteiros Souto Xímaro á que seguirá a sesión vermú as 14:00 horas con...

leer más
05/04/2023

O vindeiro luns, 10 de abril, terá lugar a Romaría de Santo Estevo do Ermo, que organiza a asociación cultural Camiñantes e Camiños de Barreiros coa colaboración de Barreiros Mar e Monte e o CF Celta.

As actividades programadas darán comezo ás 10:30 horas cunha ruta polo entorno de Santo Estevo. Á unha do mediodía haberá unha misa cantada e procesión. Para as dúas da tarde está previsto o xantar e a partir das 17:00 horas haberá xogos. 

O presidente de Camiñantes e Camiños, José Manuel Gómez Puente, anima “a veciñanza a participar nesta xornada na honra de San Estevo do Ermo na que combinaremos a andaina, o xantar de confraternidade e os xogos co aspecto relixioso, xa que estamos a falar do Luns de Pascua”. 

 

01/07/2022

A asociación Camiñantes e Camiños, de Barreiros, organiza a Romaría de Santo Estevo do Ermo, que terá lugar este sábado, 2 de xullo.

O presidente do colectivo, José Manuel Gómez Puente, explica que “a Romaría de Santo Estevo do Ermo é unha tradición de moitos anos que os veciños e veciñas de Barreiros teñen moi presente e despois da pandemia, de dous anos sen haber festa, neste 2022 a Asociación Cultural de Sedeirismo de Barreiros xunto co equipo de fútbol Celta Barreiros e coa colaboración de Barreiros Mar e Monte organizamos e propoñemos un sábado cheo de actividades. Por exemplo, ás 10:00 da mañá imos facer unha ruta a  pé  dende a praza do Concello ata a Capela de Santo Estevo do Ermo. Aos participantes imos entregarlles gorras e pañoletas”.

Sobre o programa Gómez Puente conta que “haberá misa cantada polo...

leer más
03/07/2018

A Delegación de Medio Ambiente do Concello de Barreiros organiza a Romería de Santo Estevo do Ermo, que se celebrará o vindeiro sábado, 7 de xullo.

O programa de actos dará comezo ás 10:00 horas cunha ruta a pé que sairá dende o Concello. Ás 12:30 horas será a misa e despois a procesión, ás 13:30 horas haberá unha degustación de empanada de sardiñas e ás 14:00 horas terá lugar a sesión vermú co Dúo Epok.

Pola tarde, a partir das 16:00 horas haberá xogos infantís con agasallos para os gañadores, un torneo de tute e o concurso de fotografía Santo Estevo 2018. Ás 19:00 horas terá lugar a entrega de premios.

A xornada rematará cunha actuación musical do Dúo Epok que comezará ás 20 horas.

A asociación Mar e Monte colabora coa Delegación de Medio Ambiente do Concello...

leer más
17/06/2016
O 25 de xuño celébrase no Santo Estevo do Ermo, en Barreiros, o V Festival Histórico Augas Santas. Haberá ruta ecuestre, escenificación da entrega do documento do Rei Silo aos monxes, música e xantares.
 
A asociación cultural Irmandade Augas Santas organiza para o 25 de xuño o V Festival Histórico Augas Santas, que terá lugar en Santo Estevo do Ermo en Barreiros. 
 
A xornada festiva comezará ás 10:00 horas cunha ruta a pé desde a Casa do Concello e ás 10:30 horas terá lugar a saída da ruta ecuestre dende Santo Estevo. Ás 12:00 celebrarase a escenificación da entrega da documentación do Rei Silo aos monxes e ás 13:00 horas a misa na honra de Santo Estevo.
 
O programa continuará ás 13:30 horas coa actuación do grupo O Arco da Vella e ás 14:30 horas haberá un xantar campestre con porquiño e año asados ao espeto. A tarde estará amenizada por Sons do Ermo,...
leer más
02/07/2015
Este sábado, 4 de xullo, celébrase en Barreiros a romería popular de Santo Estevo do Ermo. Alí haberá diversas actividades.
 
Segundo explica o tenente de alcalde, José Manuel Gómez Puente, “un ano máis achégase a Romería de Santo Estevo do Ermo e desde o Concello queremos convidar a todos os veciños e veciñas de Barreiros e de toda A Mariña a participar nesta cita. Teremos rutas a pé, misa e procesión, sesión vermú, xogos infantís, torneo de tute e actuación musical”. 
Gómez Puente engade que “a paraxe de Santo Estevo do Ermo é natureza pura e cun grande encanto, que o converte nun lugar idóneo para relaxarse e empaparse da súa maxia. E non poden faltar, como en toda romería que se prece, a costume de xantar en familia e entre amigos ao aire libre”. 
A Romería Popular de Santo Estevo do Ermo está organizada polos veciños de Barreiros e polo Concello. ...
leer más