A Delegación de Medio Ambiente do Concello de Barreiros organiza a Romería de Santo Estevo do Ermo, que se celebrará o vindeiro sábado, 7 de xullo.
O programa de actos dará comezo ás 10:00 horas cunha ruta a pé que sairá dende o Concello. Ás 12:30 horas será a misa e despois a procesión, ás 13:30 horas haberá unha degustación de empanada de sardiñas e ás 14:00 horas terá lugar a sesión vermú co Dúo Epok.
Pola tarde, a partir das 16:00 horas haberá xogos infantís con agasallos para os gañadores, un torneo de tute e o concurso de fotografía Santo Estevo 2018. Ás 19:00 horas terá lugar a entrega de premios.
A xornada rematará cunha actuación musical do Dúo Epok que comezará ás 20 horas.
A asociación Mar e Monte colabora coa Delegación de Medio Ambiente do Concello de Barreiros na organización deste evento.