Este xoves, 17 de outubro, haberá unha visita guiada ás escavacións de Santo Estevo do Ermo, en Barreiros

Este xoves, día 17 de outubro, terá lugar unha visita guiada ás 17:00 horas na escavación arqueolóxica que se está levando a cabo na finca adquirida, grazas á colaboración cidadá, en Santo Estevo do Ermo (Barreiros).

A intervención arqueolóxica, que conta co apoio da Área de Cultura de Vicepresidencia da Deputación de Lugo, ten como obxectivo recuperar e investigar parte deste importante espazo natural e histórico.

Esta visita está organizada por Mariña Patrimonio, a Irmandade Augas Santas Santo Estevo do Ermo e a Fundación Eira da Xoana (asociación ecoloxista Adega) e nela informarase sobre os avances e obxectivos desta intervención arqueolóxica.