Danza

Etiquetas:
27/11/2024

Alumnado das especialidades de danza clásica e contemporánea da Escola Municipal de Música e Danza (EMMeD) de Ribadeo representará unha adaptación de A bela adormecida para o alumnado de educación primaria da vila e para as persoas usuarias do Centro de Día.

En total serán preto de 500 persoas as que se achegarán este venres, 29 de novembro, ao Auditorio Municipal Hernán Naval en sesión dobre, ás 10:30 e ás 12:00 da mañá. 

Segundo explica o responsable da EMMeD, Hugo García, “esta actividade achegará un pouco máis a danza ao público asistente, dándolles a oportunidade de ver unha función propiamente desta especialidade. Este tipo de espectáculos non son moi habituais na comarca, polo que consideramos que é unha boa iniciativa para continuar co seu crecemento”.

A concelleira de Educación e...

leer más
28/08/2024

A agrupación folclórica Cantigas e Agarimos, de Santiago de Compostela, actuará na Praza de Santa María, de Ferreira do Valadouro, este domingo, día 1 de setembro, ás 20:00 horas.

O Concello do Valadouro anuncia: “durante moitos anos Cantigas e Agarimos recolle pezas de canto e baile tradicional por toda Galicia que, nesta edición grazas ó programa da Xunta de Galicia denominado Danza 3, poderemos disfrutar en directo na Praza de Santa María”.

 

Etiquetas:
22/06/2024

O peche deste curso escolar 2023/24 trae consigo unha semana de intensa actividade na EMMeD. 

Musiqueando polas parroquias en A Ponte-Arante. Segundo explicou o responsable da EMMeD, Hugo García, “continuando cun dos principais obxectivos do centro, que é ser motor socio-cultural do concello, a escola vén de programar esta pequena actuación en Arante o martes, 25 de xuño, ás 19:00 horas na Capela de Nosa Señora das Virtudes, para que as persoas que non residen no casco ribadense, e lles poida resultar máis complicado asistir ás actividades que a EMMeD habitualmente programa, as poidan coñecer máis de cerca. Farase unha mostra do traballo que leva feito unha parte do alumnado do centro ao longo do curso”. 

O mércores, 26 de xuño, terá lugar un encontro orquestral no que participarán as Escolas de Música de Burela,...

leer más
Etiquetas:
29/11/2023

A Escola Municipal de Música e Danza de Ribadeo representará O Quebranoces o 1 de decembro no auditorio municipal Hernán Naval. 

A concelleira de Cultura, Begoña Sanjurjo, explicou que “este venres, 1 de decembro, a sección de Danza da EMMeD de Ribadeo porá en escena O Quebranoces, como adianto do Nadal. Será para 500 escolares de Primaria e tamén para as usuarias e usuarios do centro de día”. As sesións serán ás 10 e ás 11:30 horas.

A edil ribadense indicou que “servirá para achegar a danza a un público quizais non acostumado a este tipo de espectáculos”.

Sanjurjo engadiu: “agradecemos ao alumnado e ao profesorado da Escola de Música e Danza o esforzo para levar a cabo dúas funcións na mañá deste venres. Grazas de corazón”. 

 

Etiquetas:
09/11/2023

A danza toma de novo a Sala Bahía este venres, 10 de novembro, ás 20:30 horas da man de Marta Alonso Tejada e o seu espectáculo Bailar agora.

É a historia dunha bailarina que nace e crece nos anos 80-90 e que, a día de hoxe, achégase á corentena. Marta Alonso diríxese ao público para compartir un percorrido pola súa traxectoria vital como bailarina e muller; facendo referencia ao estado actual dos seus desexos e soños, comprometéndose en facelos realidade no momento presente. A maneira de levalo a cabo: bailando.

É unha actividade incluída na programación cultural do Concello de Foz é o prezo da entrada é de 5 euros.

Etiquetas:
08/04/2023

Cuturactiva Producións chega o 14 de abril con Castelao ao Teatro Pastor Díaz, de Viveiro. Será a partir das 18:00 horas. 

Castelao é unha figura capital da historia das artes en Galicia e non contaba ata agora cunha proposta escénica para a infancia. Vimos a poñer remedio a isto cun gran equipo: un texto de Paula Carballeira coa dirección de Fina Calleja e con Mónica Camaño e Cris Collazo en escena. A obra presenta a un Castelao de 8 anos anos e na súa vila natal, divertido, feliz, alegre e aventureiro, buscando en todo momento a identificación da audiencia co protagonista da nosa trama. Culturactiva Producións propón unha montaxe de ritmo trepidante. A tensión dramática desta peza cabalga sobre o lombo dunha persecución polas rúas de Rianxo nas horas previas á partida cara a Arxentina de Castelao e a súa nai. E mesmo antes, da man de...

leer más
Etiquetas:
18/11/2022

A Escola Municipal de Música e Danza (EMMeD) de Ribadeo celebra o mércores, 23 de novembro, ás 20:00 horas no Auditorio Hernán Naval, o seu tradicional concerto na honra de Santa Cecilia, patroa dos músicos. Esta será a primeira actividade que realiza neste curso escolar.

Polo escenario pasarán alumnas e alumnos da Escola que interpretarán obras de diversos estilos. Agrupacións de vento, tecla, danza, entre outros, dan forma ao programa deste concerto, aberto ao público e gratuíto.

Esta actuación é a previa do gran festival de Nadal que a Escola celebrará o vindeiro 17 de decembro, no Auditorio Municipal Hernán Naval e no que participará a maioría do alumnado do centro.

 

Etiquetas:
19/04/2022

O Teatro Pastor Díaz de Viveiro acollerá este xoves, 21 de abril, a proxección do documental titulado Maruja Mallo. Mitad ángel, mitad marisco. O acto dará comezo ás 20:30 horas e contará coa intervención do director do documental, Antón Reixa. A entrada será de balde ata completar a capacidade do espazo.

Ademais o vindeiro sábado, 23 de abril, ás 20:30 horas presentarase o espectáculo Bailar agora. Trátase dun impulso por situarnos no tempo actual das cousas con plena consciencia sobre como estamos a vivir o aquí e o agora a través da danza. O elenco artístico está composto por Marta Alonso Tejada e Sergio Perol.

O prezo das entradas é de 5 euros e 3€ para estudantes e xubilados e a reserva pódese facer no teléfono 982 560 162 ou en rbg.cultura@viveiro.es

 

Etiquetas:
09/02/2022

LAD Dance Company protagonizará esta vindeira fin de semana o ciclo Ribadeo en Danza, que organizou a Concellaría de Cultura. A compañía ofrecerá dous espectáculos, o sábado 12 Caos e o domingo 13 Iconic. As dúas citas terán lugar no auditorio municipal Hernán Naval ás 20:00 horas e o prezo das entradas será de 4 euros.

A edil de Cultura, Pilar Otero, dixo na presentación do evento que “LAD Dance Company presenta o ciclo Ribadeo en Danza dentro da programación cultural do trimestre desenvolta pola Concellaría de Cultura. Trátase dunha fin de semana completa dedicada ao público de Ribadeo, e de quen queira achegarse á vila estes días, con dous espectáculos das distintas disciplinas que a compañía ten no repertorio”.

A concelleira ribadense explicou que “o sábado 12 poderemos asistir á obra Caos, coreografiada por...

leer más
Etiquetas:
14/10/2021

Do 25 ao 29 de outubro terá lugar na Escola Municipal de Música de Burela un taller de danza e movemento, que impartirá a profesora Marina Rojas. Na cita, que foi presentada este mediodía, poden participar nenas e nenos a partir de 4 anos, adolescentes e tamén adultos. 

O concelleiro de Cultura, José Díaz, explicou que “esta actividad tiene un objetivo doble: por un lado mostrar esta actividad de danza dentro de la Escuela de Música como otra asignatura y otra opción más dentro de todo lo que abarca el centro; y el segundo objetivo, enlazado al primero, es la posibilidad de incluir en el curso 2022-2023 la danza como una de las asignaturas de la Escuela de Música, igual que hicimos en los últimos años con guitarra o con canto. Esta opción de danza está resultando muy atractiva entre la gente más joven, hay un aumento de la afición por la...

leer más