A agrupación folclórica Cantigas e Agarimos actuará no Valadouro este domingo, 1 de setembro

A agrupación folclórica Cantigas e Agarimos, de Santiago de Compostela, actuará na Praza de Santa María, de Ferreira do Valadouro, este domingo, día 1 de setembro, ás 20:00 horas.

O Concello do Valadouro anuncia: “durante moitos anos Cantigas e Agarimos recolle pezas de canto e baile tradicional por toda Galicia que, nesta edición grazas ó programa da Xunta de Galicia denominado Danza 3, poderemos disfrutar en directo na Praza de Santa María”.