O Teatro Pastor Díaz de Viveiro acollerá este xoves, 21 de abril, a proxección do documental titulado Maruja Mallo. Mitad ángel, mitad marisco. O acto dará comezo ás 20:30 horas e contará coa intervención do director do documental, Antón Reixa. A entrada será de balde ata completar a capacidade do espazo.
Ademais o vindeiro sábado, 23 de abril, ás 20:30 horas presentarase o espectáculo Bailar agora. Trátase dun impulso por situarnos no tempo actual das cousas con plena consciencia sobre como estamos a vivir o aquí e o agora a través da danza. O elenco artístico está composto por Marta Alonso Tejada e Sergio Perol.
O prezo das entradas é de 5 euros e 3€ para estudantes e xubilados e a reserva pódese facer no teléfono 982 560 162 ou en rbg.cultura@viveiro.es.