Ribadeo
Volven as audicións da Escola Municipal de Música e Danza de Ribadeo. En marzo serán os días 19 e 25
A Escola Municipal de Música e Danza (EMMeD) de Ribadeo impulsa cada curso escolar unha serie de audicións das diferentes disciplinas que ofrece o centro e nas que participa boa parte do alumnado. Neste 2025 terán lugar entre os meses de marzo e xuño.
O responsable do centro, Hugo García, dixo que “tanto para o alumnado como para as familias cremos que é un momento especial, de poñer en valor o traballo feito dentro da aula e, ao tempo, unha ocasión para achegar máis aló das catro parades da Escola, toda canta actividade leva a cabo o centro”.
Dende a vindeira semana e ata o mes de xuño a EMMeD de Ribadeo ten programadas un total de once audicións, dirixidas a toda a cidadanía. A audición do alumnado de oboe e saxofón será o próximo mércores, 19 de marzo, no Salón de Actos. Seguirán a audición do alumnado de...
leer másA parroquia ribadense da Devesa celebrará unha comida veciñal o día 13 de abril, domingo, na explanada do Círculo Habanero.
As actividades comezarán ás 13:30 horas cunha sesión vermú amenizada pola cantante Verónica Cambón. Ás 14:30 horas empezará a comida e seguidamente haberá sorteos e baile a cargo de Verónica Cambón.
Este evento está organizado pola Asociación de Veciños de A Devesa, coa colaboración da Xunta de Galicia e do Concello de Ribadeo.
Na rúa San Roque está instalada a exposición Xeración Líder, que conmemora os mil números do suplemento deportivo de La Voz de Galicia. En sete paneis pódense ver medio milleiro de portadas da devandita publicación, que conta co patrocinio da Vicepresidencia da Deputación de Lugo.
A mostra fai un percorrido pola historia do deporte base da provincia de Lugo, centrada en modalidades como o fútbol, o baloncesto e o fútbol sala.
O mellor para papa é a campaña que a Asociación de Comerciantes, Industriais, Servizos e Autónomos de Ribadeo está a desenvolver ata o 19 de marzo. Acisa sorteará tres premios: unha experiencia enoturística en Ribadavia (visita guiada para dúas persoas a Bodegas Docampo con aloxamento dunha noite no seu Hotel Pazo Carballo); unha experiencia de desconexión de noite e almorzo a escoller entre máis de 1.500 destinos para dúas persoas e unha cea tamén para dúas persoas no restaurante La Solana, de Ribadeo.
As persoas que entre o 6 e o 19 de marzo realicen as súas compras no comercio asociado poderán cubrir as papeletas para entrar no sorteo do día do pai, que terá lugar o día 21 nas instalacións de Acisa Ribadeo. En total repartíronse 9.000 rifas.
A presidenta de Acisa, Carmen Cruzado, subliñou que “para agasallar,...
leer másA asociación veciñal da parroquia ribadense de Vilaframil organiza a súa primeira Festa do Entroido este domingo, día 16 de marzo, a partir das 17:00 horas.
Será na Escola de Vilaframil e estará amenizada pola charanga Aturuxo, de Ribadeo.
“Se ves co teu disfrace participas no sorteo de lotes de produtos e poderás sacar unha foto no photocall”, anuncia a organización.
Haberá merenda de balde para os socios do colectivo organizador e as persoas que non forman parte da asociación deberán pagar 5 euros.
Dentro da programación do 8M en Ribadeo, o Concello organiza unha saída especial para asistir ao espectáculo A burra, a mesa e o pau, do Centro Dramático Galego, en Santiago de Compostela. Será o domingo 23 de marzo e o autobús sairá de Ribadeo ás 14:00 horas. Hai 18 prazas e para participar hai que inscribirse no Centro de Información ás Mulleres (CIM) de Ribadeo e o prazo remata o día 20 de marzo.
O Concello de Ribadeo explica que “a viaxe está especialmente dirixida a mulleres, como parte das iniciativas do 8M para promover a participación cultural e a igualdade”.
O vindeiro domingo, 16 de marzo, terá lugar o II Trofeo Máster Vila de Ribadeo, que organizan o Club Ciclista Eo e o Concello. A saída está prevista para as 11:00 horas.
A proba disputarase nas categorías M30-40-50-60 masculina e feminina. As persoas interesadas en participar poden inscribirse ata o xoves, día 13, ás 15:00 horas en www.fgalegaciclismo.es
O evento, que está organizado polo Club Ciclista Eo e polo Concello de Ribadeo, foi presentado no Pazo de Ibáñez. Ao acto asistiron: Manuel Otero, xefe do Servizo Provincial de Deportes da Xunta en Lugo; Francisco José Silvent, concelleiro de Deportes; Iván López, técnico municipal de Deportes; Dani Vega, alcalde de Ribadeo; Marcelino López e Ismael Rey, presidente e secretario do Club Ciclista Eo, e Lázaro López do...
leer másEl musical tributo a El Rey León titulado De Simba a Kiara estará en Ribadeo este sábado, día 15 de marzo. Será a las 18:00 horas en el auditorio municipal Hernán Naval.
La compañía Onbeat anuncia que Ribadeo recibe este tributo a El Rey León “desde la Gran Vía de Madrid. De Simba a Kiara Tributo al Rey León ofrece una comedia para toda la familia con todas las canciones de la saga cinematográfica, con espectaculares voces en directo y una atractiva puesta en escena. Se trata del primer tributo de El Rey León, donde podrás disfrutar de las canciones de las películas El Rey León 1, 2 y 3 con impresionantes voces en directo, apasionantes coreografías y atractiva puesta en escena. Es el musical de un tributo al Rey León más visto de España”.
O Teatro de Ribadeo acollerá un concerto de tango, titulado Hora zero, a cargo do Quinteto Lunfardo este sábado, día 15 de marzo, ás 20:00 horas.
É unha actividade organizada polo Concello de Ribadeo, que anuncia esta actuación como “unha experiencia musical chea de paixón e sentimento”.