Ribadeo
Ribadeo inúndase de música esta fin de semana co festival de verán que se celebrará en Cabanela o sábado e coa actuación de Lítore Quartet no Mercado dos Domingos o 24.
A concelleira de Cultura, Pilar Otero, declarou que “a música inundará esta fin de semana a nosa vila. Despois da intensa actividade que desenvolvemos durante o VII Ribadeo Indiano seguimos coa nosa axenda cultural para o terceiro trimestre de 2022, que arrinca co festival de verán que terá lugar o sábado, 23 de xullo, en Cabanela”.
A edil ribadense subliñou: “nese espectacular marco, a carón da nosa ría, a partir das nove e media da noite poderemos gozar coa música de TéCanela, que veñen presentarnos o seu traballo Al borde de la cordura. Neste festival contaremos tamén coa presenza de Los Jinetes del Trópico. A entrada é de balde. En caso de...
leer másDo 22 ao 24 de xullo terá lugar en Ribadeo a XIII Concentración de Kaiaks Praia das Catedrais, que organiza o Club de Piragüismo Altruán. A concentración foi presentada esta mañá no Concello. No acto participaron o alcalde, Fernando Suárez, o concelleiro de Deportes, Jorge Díaz, o secretario do Club Altruán, José Ángel Fernández, e o técnico municipal de Deportes, Iván López.
Fernández indicou que “é a concentración anual que suspendemos a súa celebración durante uns anos, pero tendo en conta a efeméride deste 2022 que non é outra que os corenta anos do Club de Piragüismo Altruán de Ribadeo pois qué menos que volver a celebrala. Foi no seu momento unha cita de referencia no Cantábrico e a día de hoxe é a cita de referencia, basicamente porque é un formato de concentración de piragüismo por así dicilo non competitivo e lúdico, moi...
leer másA Concellaría de Turismo organiza 11 percorridos guiados a través do patrimonio natural e cultural durante este verán. A programación foi presentada polo edil Pablo Vizoso.
O concelleiro ribadense explicou que “desde Área de Turismo do Concello de Ribadeo organízanse 11 percorridos guiados a través dos que se poderá descubrir o seu importante patrimonio natural e cultural. Trátase dunha serie de rutas accesibles, para todos os públicos, nas que se mostrarán aspectos moi diversos tanto dende o punto de vista natural como cultural”.
Vizoso Galdo subliñou que “este ano temos unha novidade, xa que se incorpora unha nova visita teatralizada polo legado indiano, coa que daremos a coñecer a historia viva da pegada da emigración a ultramar.Continúan as outras 2 visitas teatralizadas que o ano pasado tiveron tanto éxito:...
leer másOs días 10 e 13 de agosto terá lugar o Festival de Cine Curto de Ribadeo Ollo de Boi, que foi presentado esta mañá nas inmediacións do Teatro. Nel presentaranse oito curtametraxes e o público terá un papel moi importante.
A concelleira de Cultura de Ribadeo, Pilar Otero, asegurou que “dende a Concellaría da Cultura sempre apoiamos as iniciativas da xente da zona, e si por riba veñen de man de xente nova pos moito máis. Alegrámonos de que tomen a iniciativa, de que dean pasos adiante e sempre saben que teñen a nosa porta aberta sempre que esteamos en disposición de poder axudalos. Neste caso non o dubidamos, desde o primeiro momento nos pareceu unha iniciativa moi interesada e estamos encantadísimas de que salga adiante”.
Carme Rodríguez, propulsora da organización do evento, explicou que “o Festival de Cine Curto...
leer másA Banda Municipal de Ribadeo ofrecerá o seu tradicional concerto do Día da Patria Galega este vindeiro luns, día 25, ás 20:30 horas no Campo de San Francisco.
O director da formación, David Ballester, anuncia que “a Banda Municipal de Música de Ribadeo, intentando seguir coa súa programación habitual, este vindeiro luns, 25 de xullo, ofrecerá o concerto do Día da Patria. Farémolo, se o tempo o permite, que esperemos que si, no Campo de San Francisco. En caso de mal tempo trasladarémonos ao auditorio. Será ás oito e media da tarde e tocaremos pezas que xa interpretamos noutras ocasións, pero será un repertorio moi variado, no que incluiremos, obviamente, música galega, xa que é o Día da Patria, e tamén obras de compositores clásicos e de bandas sonoras”.
Ademais David Ballester adianta que “despois deste concerto...
leer másVecinos de los barrios ribadenses de A Regueira y San Lázaro recuperan el día 30 de este mes de julio, sábado, su encuentro anual, que fue interrumpido por la pandemia.
La comisión organizadora del evento anuncia: “después del lógico paréntesis de la pandemia, ahora que ha disminuido en gravedad, proponemos una nueva reunión de los vecinos de A Regueira y San Lázaro para el sábado día 30 de este mes de julio de 2022. El lugar de celebración será en el restaurante Voar a las 14:00 horas. Dado que la pandemia no está totalmente olvidada hemos reservado la terraza para la celebración del almuerzo al aire libre, cuyo coste será de 35 euros por comensal. En esta ocasión y debido a la demanda de algunos de los vecinos los asistentes podrán ir acompañados, haciendo efectivos los 35 euros por persona correspondientes.”
...
leer másO Concello ven de presentar a súa nova aplicación de turismo denominada RibadeoXQSi, coa que o usuario poderá gozar da máxica tranquilidade e beleza do municipio, da súa cultura, da gastronomía, de paisaxes inesquecibles e praias-museo salpicadas de esculturas creadas por séculos de erosión, convérteno nun lugar inesquecible.
O concelleiro de Turismo, Pablo Vizoso, dixo que “esta app turística, é unha ferramenta ao servizo do viaxeiro a través da que pode dispoñer de toda a información turística de interese sobre o concello, un territorio excepcional que grazas á riqueza e diversidade do seu patrimonio e á súa gran oferta de servizos, lle permitirá deseñar e promover unha gran cantidade de propostas que fan de Ribadeo un lugar onde gozar da natureza e desconectar da rutina diaria”.
O edil ribadense indicou que “a...
leer másO Centro Integrado de Formación Profesional Porta da Auga, de Ribadeo impartirá no vindeiro curso 2022-23, a partir de setembro, un curso de construción e reparación de embarcacións de fibra de vidro con prácticas na empresa Astilleros del Eo, situada no municipio asturiano de Castropol. O curso é de 6 meses de formación e hai 15 prazas.
O director do CIFP Porta da Auga, Isidro Berdeal, destaca que “esta formación en construción e reparación de embarcacións de fibra de vidro xa se impartiu no centro no presente curso académico e tivo moi bos resultados: de 24 alumnos que realizaron o curso 17 quedaron finalmente contratados por Astilleros del Eo, que é a empresa filial de Astilleros Gondán que se encarga da fabricación deste tipo de embarcacións. É un curso de 632 horas que dará comezo en setembro de 2022, rematará a finais de febreiro de...
leer másA asociación Bruar organiza a décima edición do curso de Iniciación ao Jazz, Improvisación e Música Moderna de Ribadeo que se desenvolverá dos días 29 e 31 de xullo.
A actividade, que terá lugar na Escola Municipal de Música e Danza, será impartida por Javier Constenla ao piano, Gileno Santana á trompeta, José García ao saxofón, Aurora Arteaga á voz, Virxilio Da Silva á guitarra e Chus Pazos á batería.
As persoas interesadas poden solicitar máis información no número de teléfono 677 734 084.
Colaboran na organización deste curso: Concello de Ribadeo e Deputación de Lugo.