Iluminación
Este xoves, día 5 de decembro, ás 18:30 horas na Praza do Concello inaugurase a iluminación de Nadal de Xove, co acendido da árbore e do resto de grilandas, anuncia o Concello.
No acto haberá unha actuación musical con panxoliñas interpretadas polas voces e os violíns da Orquestra Municipal de Música de Xove.
O Concello de Foz ten preparadas moitas actividades e sorpresas para este Nadal, que comeza ao grande este xoves, día 5 de decembro, ás 18.30 horas na glorieta de Vilalba co acendido do alumeado de Nadal. Neste acto haberá cor, doces para os pequechos e a música da Banda de Música de Foz, anuncia o alcalde, Fran Cajoto.
O rexedor municipal destaca que “unha máxima que segue o Concello é levar o Nadal tamén ás parroquias e facer destas datas un momento de ilusión para os pequenos. Foz será un pobo a percorrer cheo de luz e cor e con sorpresas escondidas. Este Nadal o Concello e a ACIA xuntan forzas para que veciños e visitantes paseen pola vila e descubran o paradoiro das sete Bólas do Nadal de Foz. Estas bólas estarán escondidas nalgún dos lugares con iluminación de Nadal da vila e o que as atope todas e as marque no tríptico que poderá...
leer másConcello de Ribadeo e Acisa presentan a campaña No Nadal, ti iluminas Ribadeo co obxectivo de fomentar a ambientación e a decoración navideña nos fogares e nos establecementos comerciais e hostaleiros da vila.
A concelleira de Turismo e Comercio, Marta Saiz, indicou que “o que queremos é encher de luz e de ledicia cada recuncho de Ribadeo no Nadal. Por iso animamos a todas as veciñas e veciñas a adornar os seus balcóns, os seus portais, as súas casas… para que a nosa vila estea o máis guapa posible nesas entrañables datas”.
A edil ribadense sinalou que “o que pretendemos é que toda esa ambientación particular se una á que instala o Concello e que Ribadeo sexa unha vez máis un punto de atracción turística durante o Nadal para que a xente veña ver a nosa iluminación, veña facer as súas compras, veña pasear, facer...
leer másO Concello de Foz leva dende o verán preparando un Nadal cheo de luz, actividades, sorpresas e doces. Este luns comezou a instalación do alumeado, que se fai por parte dunha empresa e de operarios municipais.
“Xa levamos unhas semanas revisando luces, colocando tensores, tirando cable,… Leva tempo preparar unha iluminación bonita e que poida sorprender aos veciños e visitantes”,explica a concelleira de Cultura, Inés López Couto, quen engade que “en Foz o Nadal sempre é unha data especial, pero levamos uns anos volcándonos máis, poñéndolle un chisco extra, porque as caras dos máis pequenos son o mellor o día do acendido”
O venres día 1 de decembro está programado que comecen a brillar as luces, o bright friday ou venres luminoso. “Queremos facelo antes da ponte, para dar un aliciente máis para achegarse nos...
leer másO Concello de Burela leva a cabo estes días os traballos de instalación da iluminación das obras de arte pintadas nas dúas últimas edicións do Certame Amarte no muro da zona portuaria.
O concelleiro de Cultura, José Díaz, explicou que “estos días se está procediendo a instalar las luces led de los tramos que faltaban de Amarte, son los correspondientes a las dos últimas ediciones. Los trabajos quedarán listos a finales de esta semana y ya tendremos todas las ediciones del Certamen Internacional de Pintura Mural iluminadas. La verdad es que estas luces que instalamos dan muchísima vistosidad a las obras de arte del muro, que ocupará todo el espacio dedicado a este fin en las dos próximas ediciones, la de 2022 y la de 2023”.
O edil burelés engadiu que “también a lo largo de este año vamos a limpiar las pinturas de...
leer másA Xunta de Galicia ilumina 15 edificios emblemáticos da provincia de Lugo para darlle a benvida ao Ano Santo 2022, nunha edición ampliada da iniciativa Acende o Xacobeo a desenvolver nas fins de semana do Nadal e que comezou o pasado día 23.
O delegado territorial de Lugo, Javier Arias, explicou que a Vicepresidencia Primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e Turismo, volverá iluminar entre o 30 de decembro e o 2 de xaneiro as localizacións seleccionadas, coa frecha frecha amarela e o logo do Xacobeo 21-22 sobre un fondo azul. Con respecto ao ano pasado, sumáronse tres novos puntos en Triacastela, Monterroso e Palas de Rei.
Así, no Camiño Francés ilumínanse a Igrexa de San Miguel de Monterroso, as Casas Consistoriais de Palas de Rei e Triacastela, a igrexa de Santa María A Real do Cebreiro, a de San Nicolas...
leer más