Reciclaxe
O Concello de Cervo organiza un taller de manualidades con material reciclado. Será este mércores de 17:30 a 19:30 horas na Casa do Mar, en San Ciprián.
“Este próximo mércores, 24 de abril, temos unha nova actividade enmarcada no programa Coida Cervo, Cervo ao carón do voluntariado. Será un divertido taller de manualidades con material de refugallo dirixido tanto ás crianzas como ás persoas adultas”, explica o Concello de Cervo.
As persoas interesadas en participar deben inscribirse na Oficina de Voluntariado, que está na Casa da Cultura, en San Ciprián, ou a través deo teléfono 982.59.51.57.
O vindeiro luns, 25 de outubro, ás 17:00 horas no Salón de Actos do Centro Sociocultural de Alfoz terá lugar unha reunión informativa sobre un obradoiro de reciclaxe de roupa que se vai desenvolver no municipio.
Serán 2 horas por semana (8 horas mes) e o custo mensual é de 30 euros (3,75 euros/hora). Desenvolverase en grupos reducidos, de cinco persoas.
A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, está a desenvolver unha campaña para sensibilizar á comunidade infantil na necesidade de reciclar os aparellos eléctricos e electrónicos (RAEE), e con este fin visitará cinco centros educativos lugueses ao longo desta semana.
O delegado territorial de Lugo, José Manuel Balseiro, explicou que esta iniciativa, enmarcada na campaña xeral ‘O que se enchufa recíclase’ busca sensibilizar aos máis cativos na necesidade de realizar un tratamento axeitado deste tipo de residuos
A actividade desenvolverase no CEIP San Xoán de Becerreá e no CEIP Plurilingüe de Monterroso (día 8 de xaneiro); no CPI Ramón Piñeiro de Láncara (día 9 de xaneiro); e, finalmente, no CEIP Virxe do Carme de Burela e no CPR Pluringüe Martínez Otero de Foz (día 10 día de xaneiro)
... leer másA Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, Ecovidrio e o Concello de Mondoñedo colaborarán para concienciar á poboación sobre a necesidade de reciclar os envases de vidro con motivo da Volta Ciclista a España 2018, que este ano comezará unha das súas etapas desde o municipio lucense.
Baixo o lema Recicla vidro e pedalea, a iniciativa pretende aproveitar o tirón e o reclamo que supón o paso deste evento deportivo por varias localidades de todo o país para sensibilizar no respecto ao medio ambiente a veciños e amantes do ciclismo, e implicalos á vez no obxectivo de incrementar as taxas actuais de recuperación destes residuos.
Así o subliñou a directora xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático, María Cruz Ferreira, que participou esta mañá na presentación da campaña en Mondoñedo xunto á...
leer más
O Concello de Lourenzá organiza para o vindeiro martes, 16 de decembro, unha charla sobre reciclaxe e protección do medio ambiente baixo o título Separemos ben, reciclaremos mellor. Non rompas o esforzo de todos. A actividade levarase a cabo ás 20:00 horas no salón de actos da Casa do Concello e contará coa presenza de técnicos de SOGAMA. Con esta iniciativa o Concello espera concienciar aos veciños sobre como reciclar correctamente cada produto de cara ao aumento de consumo que traen consigo as compras de Nadal.
A alcaldesa laurentina, Emma Álvarez Chao, explicou que "a charla do mes de decembro será o vindeiro martes 16 ás 8 da tarde no salón de actos da Casa do Concello. A charla deste mes consideramos oportuno facela sobre a reciclaxe, posto que é un mes no que se incrementa...
leer más