Este sábado, 28 de marzo, en Barreiros haberá unha campaña informativa sobre reciclaxe de residuos.

Este sábado, 28 de marzo, en Barreiros haberá unha campaña informativa sobre reciclaxe de residuos.
 
O Concello de Barreiros leva unha campaña de información sobre reciclaxe de residuos a Vilamartín Grande e a San Xusto este vindeiro sábado, día 28.
Co lema Separemos ben, reciclaremos mellor. Non rompas o esforzo de todos. Recicla, a aula móbil desta campaña estará no local social de Vilamartín Grande de 16 a 17 horas e no local social de San Xurxo de 18 a 19 horas.
A campaña foi presentada este mediodía no Concello polo alcalde, Alfonso Fuente Parga, e polo concelleiro de Medio Ambiente, José Manuel Gómez Puente, que animaron a participar na mesma aos veciños e veciñas desese lugares.