O curso 2016-2017 do taller de memoria organizado polo Concello de Lourenzá comezará o vindeiro 10 de outubro cunha charla sobre reciclaxe de residuos.

O curso 2016-2017 do taller de memoria organizado polo Concello de Lourenzá comezará o vindeiro 10 de outubro cunha charla sobre reciclaxe de residuos.
 
O curso 2016-2017 do taller de memoria que organiza a Concellería de Servizos Sociais comezará o vindeiro luns, día 10, cunha charla sobre reciclaxe de residuos.
 
A concelleira de Servizos Sociais, Mercedes Dengra, anunciou hoxe que “todas aquelas persoas que desexen participar neste curso do taller de memoria poderán apuntarse ata o vindeiro luns, día 10 de outubro, nas oficinas do Centro Social do Torreón dos Frades en horario de 10:00 a 13:00 ou ben chamando ao teléfono 982.12.10.36. O curso comezará o próximo luns, día 10 de outubro, ás 17:00 horas no salón de actos do Concello, onde impartirá unha charla que leva por título Separemos ben, reciclaremos mellor e na que se abordarán temas relacionados coa reciclaxe e todos os asistentes recibirán un agasallo pola súa asistencia. Esta charla está aberta a toda a xente que queira asistir”.
 
Mercedes Dengra engadiu que “a continuación da charla celebrarase unha reunión conxunta para programar os horarios e as actividades para o vindeiro curso do taller de memoria”. Ademais fai un chamamento aos veciños para animalos a participar neste tipo de actividades e recordou que “a experiencia do ano pasado foi moi positiva para o exercicio da memoria dos alumnos e tamén para o fomento da convivencia e o intercambio de experiencias”.