Ribadeo
Los restaurantes ubicados en el puerto ribadense de Porcillán celebran un año más su Quincena del Mar. Estas jornadas gastronómicas dedicadas a los pescados y mariscos, que llegan a su sexta edición, dan comienzo el lunes, día 7, en La Solana, Marinero y San Miguel. Fueron presentadas en el propio puerto por los propietarios de los tres restaurantes.
José Blanco, de La Solana, explicó que la Quincena del Mar “comienza este lunes, el día 7 de mayo, y durará dos semanas, como todos los años, para que si hay alguna persona que no esté en Ribadeo la primera semana que tenga la opción de otra semana más por si puede coger unos días para visitarnos y que así todo el público tenga un poco más de acceso a las jornadas. Los productos principales de todos los platos serán pescados y mariscos, en su mayoría de cercanía y de las lonjas que tenemos...
leer másO Concello de Ribadeo abre o prazo de inscrición para as actividades infantís e xuvenís de verán o vindeiro luns, día 7 de maio. No programa inclúense colonias, acampada e escolas deportivas.
Para as colonias e a acampada xuvenil o prazo de solicitude de prazas estará aberto do 7 ao 16 deste mes, o sorteo das prazas será o día 23 e o período para presentar o xustificante de pago empezará o 28 de maio e rematará o 8 de xuño. Para as escolas deportivas o prazo de inscrición comeza tamén o vindeiro luns.
As colonias de verán terán lugar no colexio Gregorio Sanz durante 4 semanas do mes de xullo e haberá tres grupos: para alumnos de Infantil; de 1º e 2º de Primaria; e de 3º, 4º, 5º e 6º de Primaria.
A acampada multiaventura é para rapaces e rapazas a partir de 12 anos de idade e celebrarase...
leer másA Aula CeMIT do Concello de Ribadeo acollerá unha xornada informativa na que terá lugar a Presentación de aplicacións móbiles útiles para o sector agrogandeiro. Será o 14 de maio.
A actividade desenvolverase en horario de 16:00 a 17:00 horas, e retransmitirase mediante vídeo conferencia en conexión co CDTIC de Santiago. Esta xornada ten carácter gratuíto e é de acceso libre.
Na sesión informarase sobre un software de xestión orientado aos traballadores do sector agrogandeiro. Farase unha introdución á xestión dunha explotación gandeira con AinfoVac e á xestión de cultivos con AinfoHor. Presentaranse ademais as vantaxes de empregar as ferramentas informáticas para a xestión, control e a comunicación das actividades vinculadas ao agrogandeiro introducindo as novas tecnoloxías e o software libre nas empresas deste...
leer másAcisa Ribadeo ultima a Ruta dos Chiquitos e da Cervexa, que se celebrará en xuño, e un importante evento para a vila en xullo. Estas son algunhas das actividades nas que traballa a nova xunta directiva proclamada na asemblea extraordinario que se celebrou onte á noite.
O presidente de Acisa Ribadeo, Francisco Iriarte, declarou que afronta esta nova etapa na asociación “con ilusión” e dixo que “daba pena que no se presentara nadie y al final una serie de personas de otras directivas, de la anterior y algunas nuevas incorporaciones tomamos la decisión de ponernos al frente, porque la desaparición de Acisa sería un problema grande para Ribadeo, ya que aquí la única industria que hay son los servicios”.
A nova xunta directiva comezou a traballar xa onte: “en la primera reunión que tuvimos ayer estuvimos hablando de...
leer másA Concellaría de Cultura organiza a segunda edición do recital Ventos Poéticos que terá lugar mañá, venres, no Teatro ás 20:30 horas. Estará protagonizado por autores de Asturias, Portugal e Galicia. O evento está dirixido por Yolanda Castaño.
O concelleiro de Cultura, Farruco Graña, anunciou que “este venres, 4 de maio, vai haber un recital poético no Teatro de Ribadeo. Será a festa da palabra que abre paso ao literario mes de maio. Ás oito e media da tarde, poderemos escoitar os poemas de Xuán Bello, Quique Roxíos, Olga Novo e Elisabete Marques. Imos poder combinar as brisas poéticas que nos chegan dos catro ventos ata esta porta norte nestes días limiar das letras galegas, portuguesas e asturianas”.
O edil ribadense salientou que “como non podía ser menos tamén queremos dar visibilidade á produción literaria...
leer másCINE RIBADEO CARTELERA HASTA EL 9 DE MAYO
JUEVES 3
-“Vengadores: infinity war” – 20:00 y 23:00 horas
-“Campeones” – 20:30 y 23:00 horas
VIERNES 4, SÁBADO 5 Y DOMINGO 6
-“Vengadores: infinity war” – 17:00, 20:00 y 23:00 horas
-“Roman J. Israel, Esq” – 18:00, 20:30 y 23:00 horas
LUNES 7, MARTES 8 Y MIÉRCOLES 9 (FIESTA DEL CINE LOS 3 DÍAS)
-“Vengadores: infinity war” – 20:00 y 23:00 horas
-“Roman J. Israel, Esq” – 20:30 y 23:00 horas
A asociación Amigos da Gaita organiza a VII edición do Festival Infantil o sábado, 5 de maio, en Ribadeo.
As actuacións, que terán lugar no Cine Teatro, darán comezo ás 17:30 horas.
Intervirán a Asociación Os D´Eiquí de Taboada, Os Gaiteiros de Adelán de Alfoz, a Asociación Xuvenil Entre Lusco e Fusco de Vilalba e os anfitrións, Amigos da Gaita de Ribadeo.
Colaboran coa asociación Amigos da Gaita Galega, o Concello de Ribadeo, Teatro Filantrópica e a Deputación de Lugo.
Cine Ribadeo proxectará a película Red de Libertad o vindeiro xoves, día 10 de maio, por iniciativa do colexio ribadense Sagrado Corazón.
O centro anunciou hoxe que “con motivo da celebración de Santa Luisa de Marillac, cofundadora das Fillas da Caridade de San Vicente de Paúl, o colexio Sagrado Corazón promove a proxección da película Red de Libertad (2017). Nela a actriz Asumpta Serna encarna a figura de Helena Studler, filla da caridade que na Francia da segunda guerra mundial creou unha rede que empezou asistindo ós prisioneiros dos campos alemáns e que axudou a fuxir ata a 2.000 persoas das mans dos nazis. A película fai visible o carisma vicenciano: estar presente cos que sofren”.
O colexio Sagrado Corazón, de Ribadeo, explica tamén que “o alumnado de ESO asistirá á proxección. Dende o centro convidamos ó...
leer másO concelleiro de Cultura, Farruco Graña, anima a asistir a estas citas.
O edil ribadense contou que “logo da presenza do grupo Ollomao en Rinlo, este pasado domingo, o ciclo Cultura nas parroquias fai unha pequena maratón por outros lugares esta fin de semana”.
Farruco Graña explicou que “dúas compañías representan tres espectáculos. Por unha banda, Rilo & Penadique, e pola outra uns vellos coñecidos en Ribadeo, Os sete magníficos máis 1. Dúas actrices nun caso e dous actores noutro irán a Couxela, Remourelle, Cinxe, Vilela, Vilaselán e ao Círculo Habanero da Devesa. A maiores, a sesión do domingo pola mañá terá lugar no hospital asilo de Ribadeo”.
Graña dixo que “se van poñer carteis nas parroquias e nos locais onde vai haber actos para que todo o mundo estea enterado”.
... leer másSeguen as charlas, organizadas pola Concellaría de Igualdade e polo CIM, durante o mes maio nas que se abordarán cuestións como o impacto emocional da diagnose oncolóxica e a sexualidade e o cancro.
Desde a Concellaría de Igualdade explican que “o día 7, o vindeiro luns, ás 18:00 horas no Teatro a psicóloga da Asociación Española contra o Cancro de Lugo, Carmen Rubiños, falará do Impacto emocional da diagnose oncolóxica, como xestionala a propia persoa e os seus familiares. Tamén se informará do novo servizo de atención psicolóxica gratuíta a pacientes oncolóxicos e ás familias na Mariña lucense, situado en Burela, que ven de poñer en marcha a AECC”.
A seguinte e última conferencia deste ciclo será o 31 de maio.
As charlas, subliñan desde Igualdade, son abertas a toda a cidadanía. ...
leer más