A galería ribadense Terra Branca acollerá este venres, 14 de decembro, a presentación da Axenda Feminista 2019 do Observatorio da Mariña pola Igualdade, que está dedicada ás artistas visuais galegas.
Nese calendario cada mes a protagonista é unha muller e unha imaxe súa, ademais aparece unha pequena entrevista sobre o seu traballo como artista e unha valoración con perspectiva de xénero. Desde o Observatorio indican que o obxectivo é dar a coñecer e por en valor o traballo de 12 mulleres galegas, en diferentes ámbitos, neste caso nas artes visuais”.
O propietario de Terra Branca, José Ramón Leal, explica que “nos agradó la propuesta que nos plantearon desde el Observatorio da Mariña pola Igualdade como galería de arte que somos y porque la mujer está muy presente en nuestras creaciones”.
Leal anima “a asistir a este acto en el que contaremos con alguna sorpresa. Las actividades o propuestas que organizamos en nuestra galería siempre tienen un toque especial y en esta ocasión no faltará”.
A presentación da Axenda Feminista terá lugar este venres a partires das oito da tarde en Terra Branca.