A Ría de Abres de Trabada énchese mañá sábado día 25, dende ás 16:00 ata as 19:00 horas,coas actividades lúdicas, deportivas-fluviais, gratuítase abertas para todos os públicos, que o Goberno Provincial leva entreos meses de xullo a setembro a Concellos da provincia. A Deputada de Economía e Facenda e Alcaldesa de Trabada, MayraGarcíaBermúdez convidou a todos os veciños e visitantes a achegarse a este entorno e desfrutardestas actividades completamente gratuítas para todos os públicos. Ademais avanzou que, o domingo día 26 ás 22:00 horas na praza do Concello, haberá unha proxección de cine, coa emisión da película Gru 3.
Con esta iniciativa o Goberno da Deputacióncontribúe a poñer en valor os recursos naturais e paisaxísticos, xa que as actividades desenvólvense en enclaves únicos, como son os Riós e as praias fluviais da provincia. Ademais, esta iniciativa converterse nunha alternativa ao turismo de praia, e taménofrece a todos os visitantespoder descubrir as posibilidades de lecer dos nosos ríos.
Actividades e seguridade
A programación de actividades deportivas fluviais, que é gratuíta e para todos os públicos, que se desenvolverán en espazos naturais, inclúen atraccións inchables, tobogáns, balancíns, pulpos, rocódromos acuáticos, pistas de obstáculos, kaiaks, waterballs... animaciónsmusicaise xogos populares.
Cada sesión,que terá unha duración de entre tres e catro horas, contará coa supervisión de, canto menos, un coordinador e entre seis e doce monitores, que se encargarán do coidado e atención dos participantes para garantir unha actividade divertida e segura. Xa se celebraron sesións nos Concellos de Ribeira de Piquín, Navia de Suarna e na Fonsagrada, Negueira de Muñiz, Ribas de Sil, Láncara, .As persoas que non saiban nadar terán queir acompañadas.