
Este vindeiro sábado, 1 de outubro, Xove acollerá unha edición máis, a XI, do seu Encontro de Palilleiras, esperando a chegada de 320 palilleiras de diferentes Concellos de Galicia e Asturias. Tamén haberá 18 postos de venda, onde participantes e visitantes poderán adquirir produtos relacionados con este mundo.
Como acto emotivo e especial esta edición contará coa presenza dunha palilleira de 104 anos, que vai asistir ao Encontro coa Asociación “Tejiendo Sueños” de Viveiro. Esta palilleira bendecida pola deusa fortuna é Isabel García Sierra. Inda só por vela, merece a pena de asistir a este Encontro.