A Asociación de Desenvolvemento das Terras da Faladora Nordés organiza o 25 de xaneiro unha xornada sobre Os Muíños de Ortegal. A súa tipoloxía e historia.
O profesor da UNED e investigador da Universidade de Santiago Xosé María Leal será o guía dun roteiro que suporá a inmersión nun pasado non tan lonxano, no que a meirande parte das leiras estaban dedicadas, entre outros cultivos, ao millo e a moenda era esencial para as familias. Coñeceranse os tipos de muíños, como funcionaban e porque entraron a formar parte da bagaxe cultural da comarca.
A xornada comezará ás 10:00 horas, en O Barqueiro, desde onde sairán os participantes nas visitas que se desenvolverán ao longo de toda a mañá. Ás 14:00 horas, haberá un xantar en Casa Guiz de Cuíña, no concello de Ortigueira. Ás 18:00 horas rematará o roteiro.
As persoas interesadas poden inscribirse chamando ao número de teléfono 653 756 454 ou por correo electrónico en asociación.nordes@gmail.com. As prazas son limitadas.