Viveiro
O Concello de Viveiro, xunto á asociación de alumnado adulto do Conservatorio de Música de Viveiro e ao propio centro, organizan un curso gratuíto de iniciación á música, dirixido a persoas adultas sen coñecementos musicais previos.
A formación impartirase durante o mes de maio e pretende achegar ao mundo da música a aquelas persoas con inquietudes musicais que non tiveron a oportunidade de acercarse anteriormente.
As prazas para o curso serán limitadas e a matrícula deberá realizarse entre o 26 e o 29 de abril nas oficinas do Conservatorio de Música ou chamando ao teléfono 982560486.
A Asociación de Alumnado Adulto do Conservatorio Profesional de Música de Viveiro Melomanía, que preside Mario Vale, é unha asociación musical viveirense sen ánimo de lucro que imparte clases de música...
leer másO conselleiro de Cultura, Educación e Universidade, Román Rodríguez, e a presidenta da Federación de Libreiros de Galicia, Pilar Rodríguez, asinaron un convenio polo que a Xunta colaborará con 120.000€ na celebración das 12 citas que compoñen este ano o calendario das Feiras do Libro de Galicia, das que o Goberno galego é a principal institución patrocinadora. O obxectivo deste apoio, enmarcado no Plan de reactivación para o sector cultural, é achegar o libro á cidadanía a través da exhibición, difusión e comercialización profesional.
O titular de Cultura da Xunta de Galicia salientou que este apoio reflicte o firme compromiso da Administración autonómica co sector cultural, pois asegura a realización de citas culturais que buscan dar a coñecer “o mellor das nosas letras mediante a promoción dos autores, o impulso de certames literarios e...
leer másPresentouse no Pazo de San Marcos “Xela Arias. A poesía do retrato”, un proxecto expositivo que presenta textos poéticos da autora homenaxeada nas Letras Galegas 2021 xunto aos retratos realizados polo fotógrafo Xulio Gil entre 1988 e 2001.
A mostra, que se complementa cun libro catálogo, é o eixo central das actividades organizadas pola Vicepresidencia da Deputación de Lugo polas Letras Galegas. Concebida para espazos exteriores e cun formato adaptado á itinerancia, inaugurarase o vindeiro 1 de maio en Sarria e exporase despois en Lugo, Chantada, Monforte, Viveiro e Ribadeo.
A exposición consta de 20 imaxes en branco e negro que dialogan con cadanseu texto poético, dando lugar a unha potente interacción entre a fotografía e poesía. A colección de imaxes, que se amplía ata as 53 no catálogo que acompaña a mostra...
leer másO Concello de Viveiro presenta a súa programación con motivo do Día do Libro, sumándose un ano máis a esta celebración que se conmemora cada 23 de abril. A proposta deste ano, que inclúe actividades dirixidas a todas as idades, dará comezo este venres, 23 de abril, e estenderase ata finais de mes.
Durante os días 23 e 24 de abril os usuarios e usuarias da Biblioteca Municipal de Viveiro recibirán un agasallo doce ao retirar un libro. Doutra banda, todas as persoas que tomen prestados libros da biblioteca entre o 23 de abril e o 30 de abril poderán participar no sorteo dun lote de libros.
Ademais o sábado, 24 de abril, representarase a obra de teatro xestual “Lázaro de Tormes”, a cargo da compañía Pedras de Cartón, dirixida a cativos e cativos a partir dos 5 anos.
O domingo, 25 de abril...
leer másA Asociación de Comerciantes Centro Histórico de Viveiro pon en marcha a partir deste martes 20 de Abril a Campaña do Dia da Nai con 1.500€ en premios. Tralo éxito da iniciativa posta en marcha para a campaña do Dia do Pai, na que se sortearon 5 caixas sorpresa Experience Comercio Local e outras 5 caixas sorpresa Experience Gastronomía local o CCH aposta por repetir o mesmo formato para a campaña do Dia da Nai.
Desde a asociación sinalan que “a campaña foi un éxito de participación motivado principalmente pola intriga que xerou o contido das caixas, e o importe en premios que tiña cada unha. Por iso nesta ocasión apostamos por seguir premiando a fidelidade dos nosos clientes con algo especial para celebrar nesta data, e sortearemos de novo 5 caixas sorpresa Experience Comercio Local e outras 5 caixas sorpresa Experience Gastronomía local...
leer másO Concello de Viveiro, a través do Conservatorio Profesional de Música, oferta durante o mes de maio cursos gratuítos de diferentes especialidades para facilitar un primeiro achegamento á musica aos mais pequenos, co fin de fomentar neles o gusto por esta arte que tanto arraigo ten no municipio.
“A promoción e formación cultural é para nós unha prioridade de goberno e queremos iniciar aos nenos e nenas na música, o teatro ou a lectura desde idades moi temperás cunha ampla programación”, asegura a alcaldesa de Viveiro, María Loureiro.
Haberá un Curso de Iniciación Musical, dirixido a nenos/as nados/as no ano 2014, baseado na idea de aprender xogando a través de diversas actividades musicais; e un Curso de Iniciación ao Instrumento para os instrumentos de frauta traveseira, gaita, saxofón, trombón, trompa, trompeta...
leer másDesde la organización del Resurrection Fest señalan que “una vez más y ante todo, queremos agradeceros todo vuestro apoyo, confianza y comprensión tras este último año. Al igual que ha afectado a muchísima gente, para nosotros ha sido el mayor golpe de nuestras vidas como festival, un año terrible en muchos aspectos, pero habéis estado ahí con nosotros esperando por buenas noticias y siguiéndonos. Siempre habéis sido el mejor público de España y año tras año lo seguís demostrando. ¡Gracias, de corazón!
Como no podía ser de otra manera y en vistas a la situación actual, el 15º aniversario del Resurrection Fest se aplaza al 2022. Afortunadamente, creemos que ésta será la definitiva, ya que por fin se ve la luz al final del túnel gracias a la vacunación masiva y esperamos que en los próximos meses volvamos a la normalidad.
... leer másO Concello de Viveiro impulsa unha campaña de concienciación sobre a lingua de signos, cun contacontos en LSE e un curso online de formación en lingua de signos de 40 horas.
Este proxecto dá continuidade ao convenio firmado a semana pasada polo goberno local coa Fundación “La Caixa” e CaixaBank para adquirir cinco mochilas vibratorias Subpac que garanten a accesibilidade da comunidade xorda á programación cultural municipal.
“A inclusión é unha das prioridades do noso grupo de goberno, polo que é un orgullo ver como este tipo de iniciativas se poñen en marcha no noso municipio”, destaca a alcaldesa de Viveiro, María Loureiro.
Hoxe, martes 13 de abril, comeza o curso online de introdución á lingua de signos, impartido por Miriam Aller, intérprete de Entresignos, e que terá unha duración...
leer másO Concello de Viveiro publicou as bases do III Premio de Novela Vilar Ponte, un certame que naceu coa finalidade de lembrar aos escritores Antón e Ramón Vilar Ponte e, asemade, apoiar e difundir a literatura en lingua galega.
Tras o éxito das dúas primeiras edicións, o Concello viuse na obriga de aprazar o ano pasado a terceira, debido á situación sanitaria derivada da pandemia do coronavirus
Como en anos anteriores, tanto a extensión como a temática das obras é libre e cada orixinal será presentado en catro copias en papel, sen firma pero con título e lema en sobre pechado.
“Estamos moi satisfeitos pola calidade e a cantidade dos exemplares recibidos no 2018 e no 2019, as dúas edicións foron un éxito e queremos consolidar o premio dentro do escenario da literatura galega”, afirmou a alcaldesa de Viveiro,...
leer más