Viveiro
O Teatro Pastor Díaz, de Viveiro, acollerá o vindeiro sábado, 17 de abril, a representación de A compañeira de piso a cargo de Contraproduccións. A actuación dará comezo ás 19:00 horas.
Conta a historia de Sharon, un ama de casa de cincuenta e pico anos e recentemente divorciada, que publica un anuncio para compartir a súa casa no corazón do rural de Iowa. Sharon procura alguén coma ela pero queda de pedra cando chega Robyn que non podía ser máis diferente, lesbiana, vegana e chegada do Bronx. Pero lonxe de arredarse, comeza a experimentar co estraño e prohibido xeito de vida de Robyn sen saber que a súa inquilina procura un refuxio no que agocharse e cambiar de vida.
Trátase dunha adaptación de Lilian Portela da comedia The Roommate, da autora americana Jen Silverman, en coprodución co Centro Dramático Galego....
leer másDesde el pasado 12 de marzo el Resort Thalasso Las Sirenas de Viveiro vuelve a estar abierto en su mirador panorámico sobre la ría de Viveiro, prestando una especial atención a “lo local”, tanto en sus clientes como en los productos gastronómicos de su carta.
Actualmente desde el complejo turístico se ofrecen descuentos especiales para que sus clientes de A Mariña se alojen en el Hotel Thalasso Cantábrico Las Sirenas de cuatro estrellas y así puedan disfrutar de todos los servicios del resort sin límite de horario, como las cenas en el Restaurante o el centro de salud y belleza con agua marina.
El hotel abre de viernes a domingo y los “mariñanos” que quieran aprovechar esta promoción simplemente deben indicar su lugar de nacimiento en alguna localidad de A Mariña al realizar su reserva y ya se les aplica ese...
leer másTeatro Avento presenta o sábado, 10 de abril, Ummm!! Unha comedia musical para chupar os dedos. A representación terá lugar no Teatro Pastor Díaz, de Viveiro, ás 18:00 horas.
A obra, dirixida a nenos de 3 a 8 anos, conta a historia da pasteleira dona Remedios que ten cada vez menos clientes porque a súa dependenta Ana non sabe facer boliños de crema. Para facer fronte a este problema, dona Remedios decide contratar un novo axudante capaz de afrontar novas ideas e facer os doces que a xente está a demandar nestes días. Pero, as veces, esas novas ideas da cociña moderna poden entrar en conflito co bo facer máis clásico de Ana.
Baixo a dirección de Xoan Abreu, o elenco está formado por Rocío Salgado e Martín Maez.
A venda de entradas é a través do teléfono 982 560 152 ou do correo electrónico...
O Concello de Viveiro lembra que está aberta a preinscrición para os cursos de natación para nenos e nenas, establecendo as seguintes categorías:
- Curso natación infantil: nacidos entre 2015 e 2016.
- Curso natación nenos: nacidos entre 2007 e 2014
- Curso escolas de natación: nacidos entre 2014 e 2005.
O prazo de preinscrición remata o 8 de abril de 2021. O venres, 9 de abril, na piscina municipal, realizarase o sorteo das prazas, que será aberto ao público. A presinscrición para os cursos de nenos pode facerse tanto de forma presencial como por teléfono.
A data de comezo dos cursos será o 12 de abril e o remate o 17 de xuño. Os cursos terán un aforo limitado a catro alumnos por curso, debendo cumprir en todo caso as medidas e limitacións en materia de prevención de COVID-19.
Por segundo año consecutivo, la Semana Santa no se podrá celebrar como en años anteriores, por ese motivo se pone en marcha una iniciativa que nos recuerde lo importante que es para el comercio y la hostelería esa semana del año.
También para rendir homenaje a los cientos de personas que año tras año trabajan desinteresadamente en la organización de la misma.
En colaboración con la Xunta de Cofradías, secolocó en los escaparates de los comercios distinto material cedido por todas las Cofradías y Hermandades, que nos hará vivir la Semana Santa en la calle, pero vista de otro modo.
Son numerosos los comercios que se unieron a la iniciativa, cediendo desde escaparates completos, a balcones, e incluso la hostelería colgando carteles y cuadros con fotos de la Semana Santa de años anteriores...
leer másO Concello de Viveiro, xunto á área de Cultura da Deputación de Lugo, presenta o cómic conmemorativo do Bicentenario do Afundimento do Bergantín Palomo e da Fragata Magdalena en augas da Ría de Viveiro, un evento que fora celebrado no ano 2010.
O acto de presentación do cómic, realizado por Primitivo Marcos Ferreiro, terá lugar este sábado, 27 de marzo, ás 12:30 na Sala Multiusos da Casa do Concello, con aforo limitado.
A presentación do cómic contará coa participación da alcaldesa de Viveiro, María Loureiro García; María Rosario San Isidro Franco, secretaria da Comisión do Bicentenario 1810-2010; Carlos Nuevo Cal, Cronista Oficial de Viveiro e coordinador da Comisión do Bicentenario 1810-2010; Primitivo Marcos Ferreiro, autor do cómic, e Tareixa Antía Ferreiro Tallón, vicepresidenta da Deputación de Lugo.
... leer másDesde Centro Comercial Histórico de Viveiro explican que “neste mes de marzo puxéronse en marcha varias iniciativas dende o CCHV. Iniciamos o mes coa campaña de Fora Stocks, cun resultado de ventas extraordinario, continuamos co sorteo de 1.500€ en premios na campaña do Dia do Pai, cun éxito de participación moi elevado, e finalizamos cunha campaña posta en marcha fai uns días na que os envíos realizados nos meses de marzo, abril e maio, tanto á Mariña como a Ortegal serán gratuítos”.
E engaden: “pretendemos con esta iniciativa facilitar as compras de tódolos clientes, que por un motivo ou outro non se poden achegar a Viveiro a mercar, ou simplemente por comodidade. Por un lado está enfocado á venta a través das redes sociais ou as webs, se un cliente ve algo que quere mercar nalgunha das redes dos negocios asociados o envío sairalle gratuíto. Por outro lado, está enfocado a...
leer másAta o 4 de abril Viveiro celebrará a Semana Santa Virtual ‘Vívela’, con concertos, conferencias e a proxección de procesións e reportaxes en Youtube e nas redes sociais.
O venres, 26 de marzo, chegará a quenda da presentación do Libro Programa Pregón, que se edita desde 1947.
Ademais, en colaboración co Centro Comercial do Casco Histórico se ambientarán os locais con motivos de Semana Santa e a praza Maior acollerá unha exposición de fotografías da Semana Santa de Toño Goas.
Amplíase por outra parte a exposición permanente do Claustro de San Francisco cunha colección de fotografías da Semana Santa desde principios do século XX, haberá un programa de cultos nos templos da unidade pastoral (cumprindo as limitacións de aforo) e unha conferencia preparatoria para a Semana Santa a cargo do...
leer másO Concello de Viveiro anuncia que desde o pasado luns, 15 de marzo, os centros socioculturais do municipio permanecen abertos cun aforo limitado do 30%.
Ademais dende o vindeiro luns, 22 de marzo, darán comezo as actividades grupais nos centros socioculturais con ata catro persoas non convivintes (sen contar ao monitor/a), segundo establece a nova orde pola que se establecen medidas de prevención específicas como consecuencia da evolución da situación epidemiolóxica derivada da COVID-19 na comunidade autónoma de Galicia.
Dende o goberno local enténdese que no contexto a actual os centros socioculturais son lugares fundamentais, cumprindo sempre coa normativa e limitacións establecidas. Estes espazos constitúen un lugar de encontro entre persoas no que poder levar a cabo non só actividades lúdicas, senón tamén...
leer másViveiro continúa coas actividades con motivo do Día Internacional da Muller. O concurso de fotografía "Traballos e Mulleres" diríxese a fotógrafos/as aficionados que deberán presentar fotografías sobre a temática da muller e do traballo, tanto no ámbito público como privado.
O Concello de Viveiro pretende con este concurso visibilizar o papel feminino en todos os sectores da nosa sociedade.
Concederanse tres premios, de 300, 150 e 100 euros, ademais dun galardón á obra máis votada polo público de 100 euros.
Os participantes xa poden compartir as súas imaxes. As persoas interesadas deben dirixirse á web https://fotografia.traballosemulleres.com/ cubrir o formulario cos seus datos e subir a fotografía coa que desexen participar. Na...
leer más