Vales
A campaña da FCAM 1.000 motivos para mercar na Mariña sorteou hoxe en Foz mil euros en vales de compra para gastar nos establecementos asociados ao Centro Comercial Aberto.
Os números premiados foron os seguintes: con 500 euros resultou agraciado o 54.667, que foi repartido en Xanela Agasallos e Complementos; e con 100 euros cada un foron premiados o 54.346 en Salai Campo, o 59.135 en Electricidad Núñez, o 53.818 en Nº 1, o 51.793 en Librería Bahía, e o 61.225 en Litopiel. Desde a FCAM subliñan que “os posuidores das papeletas afortunadas dispoñen dun prazo de 30 días para reclamar e consumir os seus premios”.
Esta campaña da FCAM descansa durante uns días e volve o 14 de outubro a Xove. Todas as persoas que realicen as súas compras do 14 ao 20 de outubro no comercio asociado a Aciam xovense entrarán no sorteo...
leer másEste sábado, día 21, terá lugar en O Vicedo o cuarto sorteo da campaña de A Mariña Federación, que daba comezo o pasado mes de setembro. Será ás 20:30 horas nas inmediacións da Casa da Cultura. En xogo estarán outros 1.500 euros en vales de compra.
Aquelas persoas que realicen as súas compras entre o 15 e o 21 de outubro nos establecementos asociados poderán canxear os seus tíckets de importes superiores a 10 euros por papeletas para participar no sorteo presencial que se celebrará este sábado en O Vicedo. Ese día entre as 11 e as 14 horas pola mañá e entre as 17 e as 20:30 horas pola tarde será cando se poidan obter as papeletas na carpa que a FCAM instalará nas inmediacións da Casa da Cultura.
En O Vicedo, ao igual que xa aconteceu en Ribadeo, en Foz e en Xove, sortearanse 1.500 euros en vales de compra,...
leer más