Turismo
A Oficina de Turismo de Burela permanece aberta ao público de martes a sábado.
Horario de primavera (ata o 31 de maio):
Mañás: de 10:00 a 14:00hs
Tardes: de 16:00 a 18:00hs
Horario de verán (dende o 1 de xuño):
Mañás: de 11:00 a 14:00hs
Tardes: de 17:00 a 20:00hs
Domingo e luns pechada.
A Oficina de Turismo de Burela está situada na Explanada Portuaria, Porto Pesqueiro s/n (enfronte ás oficinas portuarias de Portos de Galicia).
O Concello de A Pontenova organiza unhas xornadas de formación online para o turismo e o comercio que se desenvolverán durante o mes de febreiro.
A primeira actividade, titulada Ferramentas dixitais de atención ao cliente, celebrarase o día 9 de febreiro de 19:00 a 21:00 horas.
A programación continuará o 16 de febreiro coa xornada sobre Whatsapp para empresas e outros sistemas de comunicación. Desenvolverase de 19:00 a 21:00 horas.
A última xornada terá lugar o día 23 de febreiro, tamén de 19:00 a 21:00 horas, e abordará o tema de Instagram para o teu negocio.
As persoas interesadas en asistir poden inscribirse a través de www.turismoapontenova.es/inscricions.
Una vecina de la parroquia focense de Santa Cilla, Sabela Pico Lombán, es la ganadora del fin de semana de turismo rural sorteado hoy por Pastelería Anduriña, de Foz, entre los clientes que compraron roscones de Reyes en este establecimiento durante la pasada Navidad.
El premio consiste en una estancia de un fin de semana para dos personas, con cenas y desayunos, en Casa Castiñeira, de Muxía.
El sorteo se realizó esta mañana en Radio Foz por parte del presentador de esta emisora Anxo Rivas y asistió Moncho Castro, copropietario de Pastelería Anduriña.
A Mancomunidade de Concellos da Mariña Lucense segue a traballar na promoción do Turismo Slow Norte de Galicia baixo o convenio asinado coa Axencia de Turismo de Galicia para o xeodestino. E faino coa visita á comarca dun coñecido blogger e cunha xornada de traballo en aloxamentos de Alfoz, Foz e Mondoñedo, entre outras accións.
Segundo explica a Axente de Desenvolvemento Turístico da Mancomunidade de Concellos da Mariña, Tania Hermida, “dentro das accións para este ano do Turismo Slow Norte de Galicia, estamos promocionando o proxecto coa visita dun coñecido blogger ao destino, Alvientooo, que estivo esta fin de semana coñecendo algún dos aloxamentos, recursos e actividades do produto turístico, ademais de facer a Ruta de Santo Estevo do Ermo, paraxe natural de Barreiros, guiada por Sofía López e organizada dentro do programa de rutas de...
leer másA Oficina de Información Turística do Concello de Alfoz, situada no Castelo de Castro de Ouro, abrirá como ata o de agora de martes a domingo (de 11:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00 horas) ata o 19 de setembro, domingo. No mesmo horario abrirá os días 25 e 26 deste mes, sábado e domingo.
Desde o 27 de setembro ata o 30 de outubro permanecerá pechada ao público.
RibadeoXVivo así se denomina a nova guía de turismo activo na natureza que acaba de editar o Concello con toda a información relacionada coas empresas de lecer que operan no territorio. Recolle máis de 20 actividades diferentes. Atópase en formato papel nas oficinas de turismo e tamén pode descargarse na páxina web de Turismo de Ribadeo. Foi presentada hoxe polo alcalde, Fernando Suárez, e polo concelleiro Pablo Vizoso.
O edil de Turismo dixo que “a área xeográfica que abarca o territorio do concello de Ribadeo é un enclave natural de alto valor ecolóxico, cunha elevada concentración de recursos naturais e paisaxísticos singularmente recoñecidos. Estamos a falar, por exemplo, da Reserva da Biosfera Río Eo, Oscos e Terras de Burón, ou dos espazos encadrados na Rede Natura 2000, como o ZEC Ría de Ribadeo e o ZEC As Catedrais, tamén a...
leer másBarreiros pon en marcha un novo punto de información turística situado na Praia de Coto.
Estará aberto durante xullo e agosto en horario de 17.30h a 20.00h de martes a venres e os sábados de 11.00h a 13.30h e de 17.30h a 20.00h.
A oficina de turismo do Centro Sociocultural seguirá prestando servizo de martes a venres polas mañás, de 11.00h a 13.30h.
Deste xeito, o Concello pretende achegar este servizo aos usuarios/as que acoden a Barreiros principalmente para gozar do litoral, polo que a actual oficina, situada en San Cosme, lles queda un pouco a desmán.
As súas extensas praias de area branca e fina son o seu principal recurso turístico, mais Barreiros conta con outros atractivos tanto de carácter natural coma cultural, polo que esta Oficina de Turismo contribuirá a divulgar a...
leer másO Concello de Alfoz comunica os cambios no horario de apertura da Oficina de Información Turística, situada no Castelo de Castro de Ouro.
A partir deste venres, 4 de xuño, abrirá de 11:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00 horas os venres, sábados e domingos.
O teléfono é 982 558 578 e a dirección de correo electrónico turismo@concellodealfoz.com.
Desde o venres, 26 de marzo, ao 3 de a abrila Oficina de Turismo estará aberta en horario de maña é tarde no centro sociocultural Manuel Díaz Sampedro.
Apostando polo potencial turístico co que conta o Concello de Barreiros, no mes de xaneiro formalizouse a contratación dunha nova técnica de Turismo que está a traballar na actualización e elaboración de material así como dando apoio á hostalaría e comercio local para adecuar os espazos á normativa Covid.
O horario de atención ao público en Semana Santa será desde o 26 de marzo ata o 3 de abril:
Mañás: de 10.00h a 13.30h.
Tardes: de 16.00h a 19.00h.
Domingo 28 e luns 29 pechada.
Pódese contactar coa técnica de turismo no correo turismo@concellodebarreiros.gal, no...
leer másA Deputada de Réxime Interior, Promoción do Territorio e Turismo, Pilar García Porto, anunciou este martes a posta en marcha da acción formativa Promoción e Comercialización de Produtos e Servizos Turísticos Locais, unha nova iniciativa promovida pola Deputación de Lugo dentro do seu apoio a unhas das actividades económicas máis prexudicadas pola pandemia como son o turismo e a hostalería.
Cincuenta traballadores e traballadoras de entidades locais e membros das corporacións municipaisda provincia poderán beneficiarse desta formación en liña de 100 horas de duración. Tal e como recolle o Boletín Oficial da Provincia (BOP) de hoxe, as persoas interesadas poden inscribirse ata o próximo día 17 de marzo, ás 13:00 horas. Para facelo, deberán enviar a documentación solicitada ao correo formacion@...
leer más