O Concello de A Pontenova organiza unhas xornadas de formación online para o turismo e o comercio que se desenvolverán durante o mes de febreiro.
A primeira actividade, titulada Ferramentas dixitais de atención ao cliente, celebrarase o día 9 de febreiro de 19:00 a 21:00 horas.
A programación continuará o 16 de febreiro coa xornada sobre Whatsapp para empresas e outros sistemas de comunicación. Desenvolverase de 19:00 a 21:00 horas.
A última xornada terá lugar o día 23 de febreiro, tamén de 19:00 a 21:00 horas, e abordará o tema de Instagram para o teu negocio.
As persoas interesadas en asistir poden inscribirse a través de www.turismoapontenova.es/inscricions.