Omix
18/02/2015
O Concello, a través da OMIX, organiza un curso de monitor/a de actividades de tempo libre, que se desenvolverá durante os meses de marzo, abril e maio. A inscrición está aberta desde hoxe ao 26 de febreiro.
O curso terá unha duración de 200 horas de formación teórico-práctica e 150 horas de prácticas. Será impartido os sábados e domingos de marzo, abril e maio en horario de 9 a 14 horas e de 16 a 21 horas na sala de xuntas do pavillón municipal de Ribadeo. Entre as cuestións que abordarán figuran: psicoloxía evolutiva, animación deportiva, educación ambiental, educación para a saúde, lexislación en tempo libre, etc.
Ofértanse 25 prazas destinadas a persoas maiores de idade que deben ter os títulos de EXB, ESO, FP ou equivalentes....
leer más