Teatro

Etiquetas:
08/06/2016
Cándido Pazó chega a Burela este venres, 10 de xuño, con "Qué comerá o Rei?". Así se celebrará o Ano Castelao na vila.
 
O Ano Castelao 2016 celebrarase en Burela da man da Área de Cultura da Deputación coa representación de Qué comerá o Rei?  a cargo de Cándido Pazó. Será este venres, 10 de xuño, ás 21:00 horas no auditorio da Casa da Cultura. A entrada será libre.
 
Qué comerá o Rei? é un espectáculo de narración oral (contos, monólogos cómicos...), é polo tanto un espectáculo de produción lixeira, un espectáculo para todos os públicos , unha sesión de historias e contos inspirados nos textos e debuxos de Castelao.Un espectáculo que, coa palabra como única ferramenta, procura o humor agudo e tenro, a expresión sinxela e sutil e o trazo delicado e potente do xenial artista.
 
Etiquetas:
29/05/2016
Barreiros, Lourenzá, Ribadeo e Trabada serán escenario de varios espectáculos do programa "Cultura no Camiño", do Agadic e Turismo de Galicia.
 
A actuación musical Ao encontro de Martín Códax, de Xoan Curiel, abriu en Trabada a programación da cuarta edición de Cultura no Camiño na comarca da Mariña. 
 
Este ambicioso proxecto, promovido pola Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic) e Turismo de Galicia, percorrerá con 14 espectáculos máis os concellos mariñáns da ruta do Norte ao longo dos vindeiros meses, xirando polos municipios de Barreiros, Lourenzá, Ribadeo e Trabada.
 
O obxectivo do programa é incentivar a distribución de produtos culturais galegos nos diferentes concellos vinculados ao Camiño de Santiago e facer chegar a cultura á cidadanía mediante eventos e actividades...
leer más
Etiquetas:
17/05/2016
"Impreuna", o espectáculo de Pistacatro chega este sábado, 21 de maio, a Viveiro. Haberá malabares, acrobacias e clowns.
 
O Teatro Pastor Díaz, de Viveiro, acolle este sábado, 21 de maio, ás 20:30 horas, o espectáculo de novo circo Pistacatro, que pon en escena "Impreuna".
 
Trátase dun espectáculo mergullado íntegramente nos códigos artísticos do circo con malabares, acrobacias e clowns, sen renunciar á fusión con outras artes como a danza, o teatro físico e a comedia. A función descubre ao espectador a vida interior do circo a través das vivencias dunha troupe de sete artistas.
 
Cunha duración dunha hora este espectáculo está dirixido a un público adulto.
Etiquetas:
14/05/2016
Xove renderalle unha homenaxe a Manuel María o 17 de maio. Os actos están organizados pola Aciam e contan coa colaboración do Concello.
 
Aciam Xove celebra o Día das Letras Galegas cunha homenaxe a Manuel María. A Asociación Empresarial vai facer este ano o seu particular homenaxe a Manuel María. 
 
O día 17 de maio, Día das Letras Galegas, no Salón de Actos do Concello de Xove, a partir das 20:00 horas farase un percorrido pola biografía do autor, cunha teatralización da persoa no mesmo, e dedicando momentos a lectura de poemas e sonetos do autor, con música en directo. 
 
Serán os asociados e veciños de Xove os encargados de escenificar e facer a homenaxe. Colabora na organización destes actos o Concello de Xove .
 
... leer más
13/05/2016
Barreiros celebra o día das Letras Galegas con teatro e con música os días 15 e 17 de maio.
 
Barreiros celebra o día das Letras Galegas con teatro e con música o domingo e o martes. 
 
Este domingo, 15 de maio, haberá teatro. O grupo A Adala representará Unha morta moi viva. Será a partir das sete da tarde no centro sociocultural Manuel Díaz Sampedro. A actividade está organizada pola Oficina de Información Xuvenil e pola Biblioteca Pública Municipal. 
 
E o martes, 17 de maio, ás 19:30 horas a Coral Polifónica de Barreiros actuará nas Escolas de Celeiro de Mariñaos. A cita foi organizada pola Concellería de Cultura para conmemorar as Letras Galegas. 
 
Etiquetas:
12/05/2016
O Valadouro acollerá varios actos de homenaxe a Manuel María os días 14 e 17 de maio.
 
Este sábado, 14 de maio, no salón de actos da Casa da Cultura Manuel Lourenzo, ás 20:30 horas, a asociación cultural e teatral Abril de Lume e Ferro de Carral vai representar a obra de Manuel María sobre os mártires de Carral denominada Abril de Lume e Ferro.
 
Esta actividade encádrase nos actos organizados pola Concellería de Cultura de O Valadouro con motivo da celebración do Día das Letras Galegas. O martes, 17 de maio, ás 20:30 horas, o grupo de cantareiras Nova Semente de Celeiro e o grupo de cantareiras do Lar de Ferreira farán a súa particular homenaxe ás letras interpretando cancións populares galegas, e xunto ao coro parroquial Virxe das Dores de Ferreira cantarán varios temas aos que lles puxo a letra Manuel María. Nesta...
leer más
10/05/2016
Este sábado, 14 de maio, Cándido Pazó presenta "Qué comerá o rei?", en Viveiro.
 
Este sábado, 14 de maio, ás 20:30 horas no Teatro Pastor Díaz de Viveiro, Cándido Pazó presentará o espectáculo Que comerá o rei?.
 
Trátase dunha sesión de historias e contos inspirados nos textos e debuxos de Castelao. Un espectáculo que coa palabra como única ferramenta, procura o humor agudo e tenro, a expresión sinxela e sutil e o trazo delicado e potente deste xenial artista.
 
Esta actividade está organizada pola Área de Cultura da Deputación.
 
Etiquetas:
08/05/2016
O teatro Pastor Díaz, de Viveiro, acollerá o 12 de maio "Pedanca e Oso", un espectáculo aldaolado sobre o amor. Organiza: Pensamento e Sementeira.
 
O xoves, 12 de maio, no Teatro Pastor Díaz de Viveiro, ás 20:30 horas, porase en escena a obra Pedanca e Oso, un espectáculo aldaolado sobre o amor.
 
Trátase das aventuras ou desventuras amorosas de cada un e de cada unha das que xorden paixóns desenfreadas, anos de martirio, cotas altas de felicidade, ansiedades varias, gozos e sombras. Dese caldo de cultivo xorden tamén os poemas que aldaolado recitan no seu espectáculo, poñéndolle moita música e humor ao amor máis romántico e ao máis miserable. Dúas poetas no escenario co corazón aberto en canal e escarallándose.
 
O prezo da entrada é de 5 euros. Organiza o Colectivo Pensamento e Sementeira e...
leer más
Etiquetas:
05/05/2016
Este sábado, 7 de maio, haberá teatro infantil en Burela. A compañía Baobab representará "Contos para un caldiño".
 
A compañía Baobab Teatro representará este sábado, 7 de maio, en Burela Contos para un caldiño. Será na Casa da Cultura ás 17:30 horas. Trátase dun espectáculo para nen@s a partir de tres anos. O prezo da entrada é de 2,5 euros. A actividade forma parte da programación cultural do Concello burelés e conta co patrocinio da Consellería de Cultura, da Rede de Teatros e Auditorios e da Agadic. 
 
Desde a organización explican que “Contos para un caldiño convida ao público a escoitar e a deixarnos levar polos contos e polos obxectos visuais que se presentan, así, un chapeu que non é un chapeu, unha tesoira non é unha tesoira. Entre todos construiremos un caldo máxico con poderes especiais para converternos en...
leer más
Etiquetas:
02/05/2016
Este sábado, 7 de maio, haberá teatro infantil en Viveiro. Trinke Trinke renderalle homenaxe a Manuel María.
 
Este sábado, día 7, o Teatro Pastor Díaz de Viveiro acollerá a representación da obra Os soños na gaiola a cargo da compañía do Trinke Trinke.
 
Esta obra, inspirada no libro de poemas de Manuel María, está dirixida a un público familiar. A entrada é de balde ata completar aforo. A representación comezará ás 18:00 horas.