En Radio Foz celebráronse esta mañá os sorteos do Día do Pai e das Xornadas Gastronómicas imPULSA Foz.
No sorteo do Día do Pai 20 persoas recibirán vales de compra por importe de 50 euros, cada un, para consumir ao longo das vindeiras semanas no comercio asociado a AciaFozCCA. Os números afortunados e os locais nos que se repartiron foron os seguintes: 20519 en Kukadas, 17380 en Amarena, 15566 en Din y Don, 13662 en Tien 21, 20667 en Amarena, 20352 en Amarena, 17863 en Decoraciones Pura, 19880 en Xoyma, 18130 en Nº1, 15128 en Casa Moreda, 19422 en Panificadora Eo, 18206 en Ginzo Hombre-Mujer, 15683 en Fauna, 15311 en Lencería Esther, 15421 en Unique 2, 13115 en Carmen León, 21749 en Suministros Veipa, 19388 en Panificadora Eo, 16134 en Ofifoz y 20183 en Amarena.
Desde AciaFozCCA indican que “as persoas que teñan as papeletas afortunadas o que teñen que facer é dirixirse á nosa oficina para presentalas e recoller os seus agasallos, que son vales de compra para gastar no comercio asociado. En total destinamos a esta campaña 1.000 euros neses vales de compra, que son para estes afortunados que fixeron as súas compras do Día do Pai nos negocios locais asociados a AciaFozCCA”. A campaña, organizada por AciaFozCCA coa colaboración do Concello e da Xunta, desenvolveuse entre o 5 e o 19 de marzo.
Tamén tivo lugar esta mañá en Radio Foz o sorteo de 10 vales de 50 euros cada un para gastar no comercio e na hostalería local, que se enmarca nas Xornadas Gastronómicas imPULSA Foz, que a pasada ponte festiva estiveron dedicadas ao arroz. Os gañadores deses vales son: Jorge Méndez, Mª del Mar Barcia, Deli Val, Ramón Mecía, Carballo, Luján Recalde, Marisa López, Verónica Prendes, Fátima Ramal e Karina Baptistella.
As Xornadas Gastronómicas imPULSA Foz son organizadas polo Concello en colaboración con AciaFozCCA. Un total de 42 establecementos hostaleiros se darán cita neste evento que do 26 ao 28 de marzo terá como protagonista das propostas culinarias á faba de Lourenzá. En xogo haberá outros 500 euros en premios.
Aos sorteos celebrados hoxe asistiron o concelleiro de Comercio, Chema Linares, e a xerente de AciaFozCCA, Ana Segade.