O Deputado de Relacións Institucionais, Álvaro Santos Ramos, a Alcaldesa de Viveiro, María Loureiro García, e o Presidente da Federación Galega de Comercio, José María Seijas López, presentaron este venres en Viveiro a campaña Merca e Gaña polo Nadal. Trátase da campaña de sensibilización e visibilización cidadá que puxo en marcha na provincia o Goberno da Deputación en colaboración coa Federación de Comercio. Son uns 700 os establecementos da Comarca da Mariña, que da emprego a 1.500 persoas, e que participan nesta campaña.
Santos Ramos destacou que “decidimos poñer en marcha esta campaña debido á importancia do comercio na economía lucense. Na provincia, hai uns 5.500 establecementos que xeran máis de 12.500 postos de traballo. Son 700 os comercios da Mariña que se sumaron a esta iniciativa. Animo a todos os mariñáns a participar activamente nesta campaña, coa que queremos concienciar á cidadanía da importancia de facer as súas compras no comercio de proximidade. Mercando nos establecementos da nosa provincia gañamos todos”, explicou.
A Alcaldesa de Viveiro puxo en valor esta iniciativa pois “é unha forma máis de promover o pequeno comercio de Viveiro fronte ás compras nas grandes superficies durante unha das épocas máis importantes para o sector, como é o Nadal. En Viveiro preto do 50% do emprego xérase a través docomercio ou da hostalería”.
Campaña ata o 6 xaneiro
Merca e Gaña polo Nadaldesenvolveseata ao 6 de xaneiro. Durante estas datas, ademais de incentivar as compras no comercio local con material promocional nas rúas dos 67 Concellos ou en redes sociais co hashtag #nadalmercaegaña; as persoas que merquen en calquera dos establecementos da provincia poderán participar no sorteo de 20 tarxetas regalo de 300 euros e outras 20 de 200 euros. Para elo, débese fotografar o tícket da compra e rexistrala en www.nadalmercaegana.com ou solicitar o seu rexistro ao comerciante. O sorteo ante notario será o 12 de xaneiro. Máis información en www.nadalmercaegana.com.