Todo está listo en Mondoñedo para a celebración da 860 edición de As San Lucas, que terán lugar do 15 ao 23 de outubro.

Todo está listo en Mondoñedo para a celebración da 860 edición de As San Lucas, que terán lugar do 15 ao 23 de outubro.
 
A asociación organizadora xunto á alcaldesa mindoniense, Elena Candia, presentaron en Santiago o programa das festas máis antigas de Galicia e unha das que contan con máis historia de Europa, e que darán comezo en Mondoñedo o 15 de outubro e se estenderán ata o sábado 23, recuperando os oito días de celebración. 
 
Elena Candia salientou que “é un feito obxectivo que celebramos As San Lucas porque todos os visitantes e feirantes, xunto aos mindonienses, seguimos sendo fieis ás nosas tradicións e así o transmitimos de xeración en xeración”. A rexedora recordou unhas verbas do propio escritor mindoniense, Álvaro Cunqueiro, quen dicía que: “quizais non haxa en Europa horas mais antigas que as que se poidan pasar en Mondoñedo nas San Lucas”.
 
As San Lucas chegan á súa 860 edición. As feiras e festas de Mondoñedo foron presentadas tamén días atrás en León.