O grupo de sendeirismo da ACD Xove fará este domingo, 5 de xullo, a Ruta do Monte Pindo. Os asistentes visitarán a Fervenza do Ézaro.

O grupo de sendeirismo da ACD Xove fará este domingo, 5 de xullo, a Ruta do Monte Pindo. Os asistentes visitarán a Fervenza do Ézaro.
 
O  vindeiro domingo, 5  de xullo, o Grupo de Sendeirismo de ACD.XOVE desprazarase o Concello de Carnota (A Coruña) para facer a Ruta Monte Pindo.
Segundo explican desde a organización "un dos rincons mais bonitos da Galicia costeira é o Monte Pindo e a Fervenza de Ézaro. O rio Xallas, en Ézaro, precipitase o mar formando unha fervenza de 40 m.de altura (única en Europa) . O Monte  Pindo, é o Olimpo dos Celtas. Unha mole granítica de 640m. que parece  xurdir das profundidades do Mar.  Trátase dun monte máxico e encantador, obxeto de innumerables lendas. A panorámica dende o cúmio do Pindo é espectacular, divisando gran parte da Costa da Morte".
 
PROGRAMACIÓN DOMINGO DIA 5 DE XULLO
 
Ruta: Monte Pindo. Distancia: 12 km. Dificultade: Media. Saída en Autobús: dende  o Centro Civico de Xove. Hora: 7:00h da mañá.
 
Prezo:  Socios Federados: 12 euros. Socios  con Seguro Deportivo: 14€. Non Socios Federados: 15€. Non Socios con Seguro Deportivo: 17€. Comida: Bocatas (por conta propia). Información e inscricions: Piscina Municipal de Xove ou no telefono 618 97 61 59. Data tope de inscricion: 3 de xullo as 10 da mañá.