Rúa
O Concello de Cervo convida a veciños e visitantes a gozar do San Xoán da parroquia de Rúa, dan man da súa Asociación de Veciños.
O alcalde de Cervo, Alfonso Villares, a edil de Cultura, Dolores García Caramés, e os representantes da asociación Miguel Balseiro e Pilar Rivas, presentaron o evento que se celebrará o sábado, 23 de xuño, desde as 20:00 horas no campo da festa, no recinto da escola de Rúa.
Servirán racións de churrasco, chourizo e torresmos de balde para os socios, e por un prezo de 6 euros para os non socios. Os tickets poñeranse á venda no propio recinto ás 19:00 horas.
A festa estará amenizada polo grupo Diamantes, e desde a asociación apuntaron que tamén se elaborarán caipiriñas.
O domingo, 10 de xuño, estará en Viveiro A Tropa do doutor Milagre-Cooperando facemos a viaxe.
Esta actividade desenvolverase na Praza Maior, a partires das 12:00 horas, e está incluída no programa Cooperativismo en Movemento 2018 da Xunta de Galicia.
A Tropa do doutor Milagre é un explosivo e curativo espectáculo de rúa para todos os públicos, no que non faltarán elixires, cataplasmas, cremas e pomadas listas nos seus floreados frascos. A Tropa fai unha chamada a asistir a esta cita: “veñan facerse cun dos nosos remedios curativos”.
En caso de mal tempo a actividade trasladarase ao Conservatorio Municipal.
O sábado, 2 de setembro, ás 13:00 horas na Praza da Fontenova terá lugar a representación da obra “A Troita do Miño” da man da compañía Ti e Mais Eu Teatro.
A iniciativa parte da Área de Cultura da Deputación de Lugo dentro do programa Buxiganga, Proxecto Teatral Afeccionado. Trátase de achegar ó publico actividades culturais de calidade, para dun xeito gratuíto encher o tempo de lecer estival.
Un ano mais, a Asociación de comerciantes do Centro Histórico de Viveiro forma parte deste circuito cultural achegando o Teatro á Rúa.
Nesta ocasión, a compañía Ti e Mais Eu Teatro representará “A Troita do Miño”, dirixida a un público infantil e familiar trata da época de sequia e cambio climático pola que atravesamos. O caudal limpo dos ríos, cheo de auga e de troitas é unha imaxe que...
leer másRibadeo acollerá a cuarta edición do Mercado de Rúa organizado pola Asociación de Comerciantes, Industriais, Servizos e Autónomos (ACISA)-Centro Comercial Aberto os días 19 e 20 deste mes, sábado e domingo. Nesta iniciativa, na que as tendas saen á rúa ofrecendo as últimas oportunidades e avances de temporada, participan 27 establecementos: Opticalia Ribadeo, Centro Auditivo Global, La Moda Hombre, Joyería Azabache, Modesto G, Anais, Pequerrechos, Mercería Vizcaya, Sanjurjo Moda, Sprit, Lencería Julia, Tu&Tu, R23, Menfer, Mercería Torviso, Platería Gutié, Farfala, Bis a Bis, Mika, Saia, Hola Ola Surf, Hola Ola Street, Glass, Fauna, Naná, Coco y Jatay.
A directiva de ACISA Ribadeo explica que esta actividade “consiste en que as tendas saquen á rúa os seus produtos, ben sexan restos de stock ou avances de tempada, no horario comercial...
leer másO domingo, día 23, de abril celébrase en todo o mundo o Día do Libro. Por caer en domingo, este ano é un pouco especial e na Librería Bahía, de Foz, vano celebrar tamén dun xeito un pouco especial.
Os seus propietarios explican que “durante toda a mañá levaremos unha gran mesa de libros á explanada da Praza Conde de Fontao e sacaremos tamén os libros á rúa diante da nosa librería na Avenida da Mariña. Na praza faremos ademais un gran cartel de homenaxe ao libro coa colaboración de toda a xente que se achegue a celebrar con nós esta data festiva para todos os amantes dos libros e da literatura.
Durante toda a mañá do domingo os libros venderanse cun desconto do 10% que se prolongará tamén durante toda a xornada do luns, 24 de abril, na librería.