O domingo, día 23, de abril celébrase en todo o mundo o Día do Libro. Por caer en domingo, este ano é un pouco especial e na Librería Bahía, de Foz, vano celebrar tamén dun xeito un pouco especial.
Os seus propietarios explican que “durante toda a mañá levaremos unha gran mesa de libros á explanada da Praza Conde de Fontao e sacaremos tamén os libros á rúa diante da nosa librería na Avenida da Mariña. Na praza faremos ademais un gran cartel de homenaxe ao libro coa colaboración de toda a xente que se achegue a celebrar con nós esta data festiva para todos os amantes dos libros e da literatura.
Durante toda a mañá do domingo os libros venderanse cun desconto do 10% que se prolongará tamén durante toda a xornada do luns, 24 de abril, na librería.