Programación
O Concello de Viveiro, a través da súa concellería de Cultura, anuncia o programa cultural para os próximos meses no Teatro Pastor Díaz, que se inclúe dentro da Rede Galega de Teatros e Auditorios, ao que se suman outras propostas culturais puntuais organizadas polo Concello de Viveiro.
O programa inclúe espectáculos para todos os públicos, comezando o próximo sábado 12 de febreiro ás 18:00 con “Sopa de Piedras” de Engruna Teatre dirixido a público infantil dende os 4 anos. Tamén en febreiro, o sábado 19, os nenos e nenas de 4 a 9 anos poderán gozar da obra “Onde Viven os monstros” da compañía Os náufragos.
A programación para adultos comezará o sábado 5 de marzo, coa obra de comedia “As que limpan” de A Panadería Teatro ás 20:30. O calendario propón hasta o mes de maio diferentes espectáculos, tanto para...
leer másO programa súmase aos concertos e obradoiros xa anunciados, así como ao Belén “Viveiro ante o Berce”
O Concello de Viveiro presenta a súa programación para estas festas de Nadal, ofrecendo opcións para todas as idades. Este programa súmase aos primeiros espectáculos xa anunciados para esta fin de semana, así como aos obradoiros propostos para a infancia.
“Este ano decantámonos por un programa de pequeno formato, que nos permita manter a atención á evolución sanitaria pero sen perder a maxia e a ilusión que caracterizan estas datas”, subliña Lara Fernández Fernández-Noriega, concelleira de Cultura.
A programación de Nadal comezará o próximo martes 21 de decembro, co concerto de Petit Band do Conservatorio Profesional de Música de Viveiro, e estenderase ata o próximo 8 de xaneiro.
... leer másPara asistir aos concertos que terán lugar na praza do Concello, en Burela, os vindeiros días 6 e 7 de agosto ás 23 horas e o día 8 ás 13 horas será necesario inscribirse na Casa da Xuventude chamando ao 982 58 11 41. O aforo para cada concerto será de 400 persoas sentadas, segundo informou o concelleiro de Cultura, José Díaz. A inscrición poderá realizarse desde mañá, día 2.
O edil dixo: "pedimos que por favor la gente se preinscriba para facilitar el acceso y que no haya cola. Si alguien no pudiera o se olvidara de apuntarse, se apuntaría ese día y no habría mayor problema".
Trátase das actuacións de Luar na Lubre, Tribu Folk e Eladio y Los Seres Queridos. Os concertos enmárcanse na homenaxe que Burela lle renderá á Feira do Bonito, do 5 ao 8 de agosto, coincidindo coa celebración de Certame Internacional de...
leer másVolve o programa Cultura na Rúa, cargado de actuacións para as noites de verán: cinema, teatro, música, humor e maxia daranse cita na Praza Santa María, de Ferreira do Valadouro.
Este sábado, 17 de xullo, ás 20:30 horas haberá un concerto da Asociación Acordeonistas da Mariña. Para o día 24 á mesma hora está programado un espectáculo de música e clown titulado Con fusión a cargo de Piscore. O domingo 25, tamén ás 20:30 horas, Fantoches Baj representará unha obra de monicreques titulada Os novos lobos. Ese mesmo día ás 22:30 horas proxectarase a película Cuñados. E o sábado 31 o mago David Méndez ofrecerá o espectáculo Maxia de aquí e acolá.
Para asistir a esta programación recoméndase a inscrición previa no teléfono 982.57.15.16 de 9 a 14 horas e de 15:30 a 20:00 horas. Para a película Cuñados é necesario retirar...
leer másA Concellería de Cultura presentou a súa programación para este mes de setembro no que se reanudará a actividade no Auditorio Municipal, a partires do vindeiro día 19. José Díaz subliñou que “se tomarán todas as medidas hixiénicas recomendadas polas autoridades sanitarias en prevención do Covid”.
O programa cultural dará comezo este mércores, 2 de setembro, coa actuación de Circo Chosco, que foi aprazada a pasada semana por causas metereolóxicas. O espectáculo, titulado Riscando o ceo terá lugar na Praza do Concello ás 20:30 horas.
O venres 11 haberá outra representación a cargo de Mere Clown con Aparvaolimpiadas. Celebrarase na Praza da Mariña, ás 20:30 horas, e inclúese na programación de Agadic-Rede de Teatros e Auditorios.
O sábado 19 retomarase a actividade no Auditorio Municipal coa...
leer másA Concellería de Cultura de Burela inicia a súa programación de mes de marzo coa ópera Rigoletto, que se presentará este domingo, 8 de marzo, ás 19:00 horas no Auditorio Municipal.
Esta representación da ópera Rigoletto, de Giuseppe Verdi, correrá a cargo da Orquestra e Coros do Teatro Nacional de Moldavia e solistas internacionais convidados. As entradas, á venda en ataquilla.com, están case esgotadas pero o propio día do espectáculo poranse á venda na billeteira arredor de 50 localidades.
O 14 de marzo haberá teatro a cargo do grupo Andanzas de Viveiro, que porá en escena a obra El caso de la mujer asesinadita, de Miguel Mihura e Álvaro de la Iglesia. A actuación será no Auditorio Municipal ás 20:30 horas e a entrada será de balde.
O 17 de marzo terá lugar a presentación da Semana Santa...
leer másO programa do Nadal en Burela arrincará mañá, 5 de decembro, ás 21:00 horas na praza do Concello co pregón que pronunciará o empresario xubilado Ramón Hermida. Despois terá lugar o acendido do árbore e do alumeado e haberá un concerto. As actividades destas festas desenvolveranse ata o 5 de xaneiro. Foron presentadas este mediodía polo alcalde burelés, Alfredo Llano, e por representantes do CCA e de Ledicia.
O rexedor burelés dixo que “fixemos unha presentación conxunta entre a Acia, Ledicia e máis o Concello de Burela que, dunha maneira ou doutra, colaboramos entre todos para conformar o que queremos que sexa un bo Nadal con atractivo e que sexa un bo elemento de motivación para que a xente se achegue a Burela en calquera día das vindeiras vacacións”.
Alfredo Llano sinalou que “mañá van comezar as actividades ás...
leer másEste venres, 21 de decembro, o Concello de Viveiro continúa coa súa programación de Nadal coa actividade O baúl do mago, que estará nas inmediacións dos Xardíns Noriega Varela en horario de 11:30 a 13:30 e de 16:00 a 19:00 horas, dirixida ao público familiar.
O sábado, día 22, na Biblioteca Municipal, haberá contacontos con La sala de Catapunchimpún, para nen@s a partir de 5 anos. Ese mesmo sábado ás 21:00 horas no Teatro Pastor Díaz de Viveiro, celebrarase o Concerto de Nadal a cargo da Banda Municipal de Música de Viveiro.
O domingo 23 ás 18:30 horas no Teatro Pastor Díaz actuarán Os Bolechas co espectáculo Nadal polo norte. O luns 24 será a Festa de Papá Noel na Praza Maior.
O venres 28 ás 20:30 horas no Teatro Pastor Díaz celebrarase a Noite de Maxia e Hipnose. O sábado 29 ás 12:00...
leer másO Concello de Xove inicia o seu programa de Nadal este venres, 21 de decembro, recibindo a Papá Noel, na Praza, entre as 19:00 e as 20:00 horas. Ademais haberá chocolatada gratuíta ata agotar existencias.
O sábado 22 ás 21:30 horas no Pavillón de Deportes celebrarase o VIII Concurso de Karaoke. O domingo 23 ás 19:00 horas haberá un concerto Sons de Celeiro.
O martes 25 ás 18:00 horas, no salón de actos do Centro Cívico, haberá un baile de Nadal con Disco Nadal Dani Ríos. O mercores 26 ás 20:00 horas no Pavillón de Deportes proxectarase a película Los Pitufos 3. La aldea escondida. Tamén ese mércores ás 20:30 horas no Centro Cívico presentarase o vídeo Xove Emprende en galego, dirixido por Xacio Baño con Samuel Míguez, Marta Louzao, Fabián Ben, Iván González, Lucía Canoura e Ignacio Rodríguez. Ademais os días 26,...
leer más