O Concello de Viveiro, a través da súa concellería de Cultura, anuncia o programa cultural para os próximos meses no Teatro Pastor Díaz, que se inclúe dentro da Rede Galega de Teatros e Auditorios, ao que se suman outras propostas culturais puntuais organizadas polo Concello de Viveiro.
O programa inclúe espectáculos para todos os públicos, comezando o próximo sábado 12 de febreiro ás 18:00 con “Sopa de Piedras” de Engruna Teatre dirixido a público infantil dende os 4 anos. Tamén en febreiro, o sábado 19, os nenos e nenas de 4 a 9 anos poderán gozar da obra “Onde Viven os monstros” da compañía Os náufragos.
A programación para adultos comezará o sábado 5 de marzo, coa obra de comedia “As que limpan” de A Panadería Teatro ás 20:30. O calendario propón hasta o mes de maio diferentes espectáculos, tanto para público familiar como infantil, e con distintos xéneros, como danza, drama ou comedia.
Estas actividades súmanse á celebración doutras datas sinaladas ou efemérides, para ás que o goberno local deseña unha programación específica. Por exemplo, o Concello de Viveiro traballa nun programa específico para reivindicar ás mulleres artistas o próximo 8 de marzo, día internacional da Muller Traballadora, a través da figura de Maruja Mallo. As Letras Galegas ou o recén recuperado Entroido son outras das datas cun programa cultural específico.
“Dende o Concello de Viveiro temos que agradecer ao público dos eventos culturais a súa fidelidade, asistindo ás diferentes actuacións. Grazas á súa alta participación, podemos seguir ofrecendo unha completa e variada programación”, subliña Lara Fernández Fernández-Noriega, concelleira de Cultura.
Haberá mais teatro, danza e tamén música.
As entradas aos espectáculos deben comprarse de luns a xoves, no teléfono 982560162 de 9:00 a 14:00, ou no correo electrónico rbg.cultura@viveiro.es
O Concello de Viveiro afianza así a recuperación da normalidade no programa cultural. Non obstante, prestarase especial atención ao protocolo sanitario durante o desenvolvemento das obras.