Pinturas

Etiquetas:
29/07/2022

Do 29 de xullo ao 7 de agosto poderase visitar unha exposición de pinturas de Carmen Rodríguez a beneficio da AECC Ribadeo. Está organizada coa colaboración do Concello de Ribadeo. 

Esta mostra encontrarase na sala de exposicións do Campo San Francisco, en Ribadeo. 

Etiquetas:
27/04/2022

O pintor, Antón Patiño, e a científica no Instituto de Historia do CSIC, Carmen Gaitán, ofrecerán dúas conferencias sobre a artista.

O Concello de Viveiro celebra esta semana dúas novas citas do ciclo de conferencias “Maruja Mallo. Viveiro e a vangarda do século XX”. 

Este xoves, 28 de abril, intervirá o pintor Antón Patiño, co relatorio “Maruja Mallo. Arte da vida”. O venres, 29 de abril participará Carmen Gaitán Salinas, científica no Instituto de Historia do CSIC, co relatorio “Explorando o cono sur: Maruja Mallo e o seu exilio transatlántico”. Ambas citas serán no Teatro Pastor Díaz de Viveiro ás 20:30, con entrada gratuíta ata completar aforo. 

“Alén dos eventos desta semana, aínda resta unha conferencia o 6 de maio e o acto de peche o día 20, no que contaremos coa presenza da...

leer más
Etiquetas:
03/03/2022

O complexo cultural Regalxunqueira, de Viveiro, acollerá desde este venres, 4 de marzo, a exposición de pinturas titulada Abraiados. O acto de inauguración dará comezo ás 20:30 horas.

A mostra presenta obras de Ángel Picos Pérez, Diego Pérez Dopico “J. Peak” e Serge Sozonov.

Ángel Picos é natural de Cedeira e leva máis de nove anos como pintor artístico, especializado no estilo impresionista que mestura nos seus traballos imaxes da nosa terra, tradicións e paisaxes.

Diego Pérez Dopico “J. Peak”, nado en Viveiro, non descarta ningunha temática na súa obra e atrévese co retrato e a figura, coa paisaxe ou a demanda social.

Serge Sozonov, natural de Moscú e afincado en Galicia, ten unha técnica que implica o coñecemento de todos e cada un dos elementos que se lle...

leer más
Etiquetas:
21/10/2021

A sala de exposicións do Concello de Lourenzá acollerá unha mostra de pinturas e gravados de Luís Seoane desde este domingo, 24 de outubro, ata o 19 de novembro. 

Anunciouno o concelleiro de Cultura laurentino, Manuel Arango Ron, quen explica que esta exposición, titulada Luís Seoane, natural  “recolle pinturas e gravados que pertencen a coleccionistas particulares e o acceso para visitala será desde a biblioteca municipal”.

A inauguración está programada para este domingo ás 13:00 horas e a mostra estará aberta ao público de luns a venres de 17 a 20 horas. Para visitala fóra deste horario hai que chamar previamente ao Concello e contactar con María José no teléfono 982.12.10.06.

Está organizada polo Concello de Lourenzá e a Deputación de Lugo.

Etiquetas:
22/07/2021

Nos xardíns do Complexo Regalxunqueira de Viveiro, inaugúrase este venres, día 23 de xullo, ás 20:00 horas, a exposición de pinturas de Lorenzo González titulada Vivir del mar.

O doutor en Bellas Artes e crítico de arte Ricardo López Serrano dicía que “la pintura de Lorenzo González era libre, suelta, vibrante y rápida, pero no una pintura gestual sino muy medida con la laboriosa facilidad de las muchas horas que el artista ha pasado pintando. Cuando cualquier cuadro del pintor parece fresco y natural hay que caer en la cuenta del esfuerzo que ha supuesto para que los cuadros salgan tan bien sin que se note la trabajosa gestación. Por eso los personajes de Lorenzo González eran recatadamente serenos y sus bodegones tranquilos y armónicos. Pero llegó la pandemia, el artista se recluyó  con la sola compañía de la pintura y ha seguido...

leer más
Etiquetas:
24/07/2018

A restauradora Blanca Besteiro García ofrecerá unha conferencia obradoiro sobre a recuperación das pinturas murais da basílica de San Martiño.

O acto está programado para este venres, día 27, ás 17:00 horas no salón de actos do Centro de Interpretación de San Martiño de Mondoñedo, no municipio de Foz.